Monforte-24-2-2012- O grupo provincial popular, en colaboración co grupo local popular monfortino critica as importantes deficiencias presentes nas instalacións do Parque de Bombeiros de Monforte, situado na estrada de Currelos, nas inmediacións do Mercado Gandeiro.
O presidente provincial dos populares lucenses, José Manuel Barreiro e a voceira do PP en Monforte, Julia Rodríguez, aseguran que estas imperfeccións fan inservible ao Parque para o seu uso.
Tanto José Manuel Barreiro como Julia Rodríguez fixeron especial fincapé no que se refire ás condicións das acometidas de abastecemento de auga, desagües, instalacións eléctricas, condicións dos accesos, carencia de dotación axeitada e suficiente de mobiliario e maquinaria, ademáis de importantes deficiencias derivadas de unha total falta de mantemento como humidades, goteiras e problemas de filtracións de auga de choiva, entre outros.
Os populares lembran que se están a celebrar as probas selectivas do personal que se integrará no Parque de Bombeiros de Monforte, polo que permite dispor dos recursos humáns necesarios para o seu funcionamento nun futuro inmediato.
O Presidente Provincial do PP de Lugo e a voceira do PP en Monforte, pregúntanse a quen corresponde a titularidade da conservación e mantemento das instalacións e qué actuacións se levaron a cabo nos últimos 8 anos e en qué datas.
Os populares tamén queren saber cáles son as obrigas que lle corresponde asumir ao Concello monfortino en relación ao estado do parque, ao fin da súa incorporación ao consorcio provincial de Lugo. Pregúntanse, de corresponderlle ao ente local, a enmenda total ou parcial das deficiencias que presentan as instalacións do Parque de Bombeiros, se existe algunha esixencia ou requerimento por parte do consorcio provincial, en canto ao inicio das obras necesarias, ou o prazo en que deberán estar as instalacións do parque en condicións axeitadas para a súa incorporación ao consorcio provincial lucense.
O PP tamén se pregunta cal é a data prevista para a incorporación do parque de bombeiros de Monforte ao consorcio provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.