Lugo, a 1 de febrero de 2012.- O Partido Popular de Lugo pretende apoiar e consolidar as actuacións que se están levando a cabo dende as administracións locais en materia de igualdade, proximidade á cidadanía e o coñecemento da situación específica da súa población. Así o dixo esta tarde o Presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro nunha xuntanza en Lugo.
Acompañado pola Secretaría Xeral de Igualdade, Susana López Abella e pola Vicesecretaria Xeral de relacións coa sociedade, Manuela López Besteiro, José Manuel Barreiro mantivo unha xuntanza con tódalas edís populares de igualdade de Lugo, onde lembrou que desenvolver medidas de conciliación nos Concellos, coma o Banco de Tempo ou Asociacións, é fundamental neste momento de crise no que estamos a vivir.
Dixo o Presidente dos populares lucenses que a colaboración autonómica é fundamental. Remitiuse Barreiro a tódolos planes e programas autonómicos sobre igualdade dos xéneros, asegurando que se executarán buscando a colaboración nos termos convenientes con cada Concello, habilitando a estos efectos, as subvencións e transparencias necesarias.
O Presidente do PPdLugo, lembrou que a Xunta de Galicia promocionará, a través dunha convocatoria anual de axudas adoptadas unha vez oída a Federación Galega de Municipios e Provincias, a creación e o mantemento de plans municipais de igualdade e promoverá a creacción de concellería da Muller.
Barreiro animou aos Concellos a que implanten un plan de igualdade.