Partido Popular de Lugo

“O PP cumpre a súa palabra e converte en feitos a súas promesas electorais” asegurou Barreiro en referencia á Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria

Lugo, a 27 de xaneiro de 2012. – Os senadores e deputados autonómicos e nacionais do Partido Popular de Lugo mantiveron hoxe a primeira reunión, relativa a este periodo de sesións de traballo, para coordinar a actividade que densenvolerán nas vindeiras semanas nas cámaras de representanción autonómica e nacional.

Os cargos electos populares continuaron así o calendario de xuntanzas mensuais establecidas pola dirección provincial en aras, segundo explicou o presidente, José Manuel Barreiro, de sistematizar o traballo dos representantes populares nunha dirección “clara e concreta”: estar en contacto directo co electorado para recabar as súas inquedanzas, propostas e impresións sobre a propia actividade desenvolvida polos deputados e senadores e mesmo da acción dos gobernos que presiden respectivamente Alberto Núñez Feijoo e Mariano Rajoy.

“Os populares imos facer durante esta lexislatura o que mellor sabemos facer: estar a pe de rúa. Un xeito de traballar que sempre caracterizou a actividade política desenvolvida polo PPdeLugo e que reforzaremos aínda máis, se cabe, durante esta lexislatura”, explicou Barreiro.

“A situación económica na que se atopa o país requiere ademais”, segundo recalcou, “que os responsables políticos demos a cara e expliquemos pormenorizadamente á cidadanía, sexan ou non votantes do Partido Popular, as decisións que, obrigado polas circunstancias, está a tomar o Goberno central e que nos esixe sacrificios a todos”.

Nesta liña, no encontro de hoxe, un dos asuntos analizados foi a Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financieira das Administracións Públicas que esta mesma mañá tratrouse no Consello de Ministros.

Segundo explicou o presidente provincial dos populares e voceiro do Grupo popular no Senado, a tramitación desta lei, consecuencia da reforma constitucional aprobada o pasado mes de agosto, é unha das prioridades anunciadas no seu día polo presidente Mariano Rajoy para cumprir os obxectivos de déficit. “O Partido Popular cumpre a súa palabra e converte en feitos a súas promesas electorais”, apostillou.

Segundo lembrou, xa en novembro de 2010 e en calidade do voceiro de Economía do Grupo popular no Senado, “fíxenlle constar á daquela ministra de economía Elena Salgado a conveniencia de adoptar esta medida aínda que, claro está, os socialistas non o consideraron necesario”.

“En Galicia”, engadiu, “tiñamos claro que, en calquer circunstancia pero con maior motivo nesta situación de crise, é perentorio facer unha xestión eficiente dos recursos públicos. É de sentido común que ninguén, e menos os responsables das administracións públicas, pode gastar o que non teñen e que, de incurrir nesa circunstancia, deben responsabilizarse das súas decisións”.

Deste xeito, Galicia converteuse en setembro de 2011 na primeira Comunidade Autónoma que aprobou o teito de gasto e agora, con esta lei de ámbito estatal, e por tanto de obrigado cumplimento para todas as administracións, España será un dos primeiros países en incorporar ó seu ordenamento xurídico un dos requerimentos establecidos pola Unión Europea a este respecto.