Partido Popular de Lugo

O PP no concello de Lugo gaña cen novos afiliados en 2011

Lugo, 29 de decembro de 2011.- O número de afiliados de Lugo xa alcanza as 3.500 persoas. Neste último ano houbo 100 novas incorporacións no concello de Lugo.

Este foi un dos datos que ofreceu hoxe o Presidente da Xunta Local do PP, Jaime Castiñeira, durante o informe que presentou do balanzo da actividade do último ano. Jaime Castiñeira explicou que as novas incorporacións son de “xente que quere colaborar e botar unha man. Son o reflexo da resposta cidadá a un partido que está na rúa facendo propostas cumpribles”.

O Presidente da Xunta Local explicou que durante os dous anos que leva ao fronte do Partido a nivel municipal se conseguiu reforzar a estrutura de partido: “aos 3.500 afiliados hai que sumar os máis de 600 colaboradores directos”. 

No comité de dirección que se celebrou na sede do PP participou  o Presidente Provincial, Xosé Manuel Barreiro, e a Secretaria Local, Lourdes Yánez, acompados tamén por concelleiros do Grupo Municipal Popular.

Tanto para Xosé Manuel Barreiro como para Jaime Castiñeira a boa saúde do partido indica que é unha formación política “viva e aberta que suma confianza e que a sociedade visualiza como a alternativa do cambio”.

Análise resultados electorais.- Nesta xuntaza tamén se  analizaron os resultados obtidos nos distintos procesos electorais celebrados ao longo deste último ano centrándose nas cifras dos comicios nacionais do pasado día 20 de novembro.O Presidente Local destacou que o Partido Popular foi o gañador de 113 mesas electorais das 115 que hai no municipio “só  perdemos nunha mesa por dous votos e noutra que empatamos cos socialistas”.

Cos resultados obtivos, e trasladados ao ámbito municipal “o  PP sitúase a 18 puntos de diferenza dun PSOE que no concello de Lugo cae máis de 11 puntos, un retroceso que tamén sofre o BNG”.

Para rematar o Presidente Provincial  e o Local do PP   agradeceron o traballo realizado por todos os colaboradores “xa que sen a correa de transmisión que sodes todos vós non houbera sido posible acadar estes resultados”.

Ambos insistiron en que os resultados tanto das eleccións nacionais como das municipais apuntan a que se está traballando na boa dirección: “fomos a forza máis votada nas sete grandes cidades galegas en ambos comicios agora temos unha gran responsabilidade para volver a estar á altura na próxima convocatoria electoral”.