Partido Popular de Lugo

O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, Á POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE EMPREGO E RECUPERACIÓN PRODUTIVA NA MARIÑA LUCENSE

Santiago, 28 de decembro de 2011.- O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia, a iniciativa do Grupo Popular, á posta en marcha dun plan de emprego e para a recuperación produtiva da Mariña lucense. Prospera así a iniciativa promovida polos deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez e o fai ademais acada o voto favorable de todas as forzas políticas con representación da Cámara: PP, PSOE e BNG.

O Grupo Parlamentario Popular rexistrou unha proposición non de lei co obxecto ofrecer solucións ante as problemáticas xurdidas nos últimos meses, de xeito especial nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá, tras o anuncio de peches empresariais e despedimentos vinculados a expedientes de regulación de emprego.

TEXTO FINAL CONSENSUADO.- O texto final, consensuado, pide no seu primeiro punto “instar ao grupo empresarial FINSA a reconsiderar a súa decisión de pechar a factoría ECAR e a estudar posibeis alternativas para garantir a súa continuidade e a dos postos de traballo”. En segundo lugar pide “ás administracións competentes que establezan as negociacións co grupo empresarial FINSA co obxectivo de evitar o peche da fábrica ECAR en Mondoñedo e garantir os seus postos de traballo, así como tamén establecer as negociacións oportunas co grupo Mobles Hermida dirixidas a garantir o mantemento  do emprego e a viabilidade da empresa”.

Finalmente o Parlamento mandata á Xunta a “impulsar en colaboración coa Deputación, o Estado e os concellos a  formular un plano de desenvolvemento industrial con apoio público para contribuir á dinamización económica da comarca e, nomeadamente, dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá”.

SATISFACCIÓN NO PARTIDO POPULAR.- Balserio valora moi positivamente que fora posible acadar a unanimidade das tres forzas políticas e insiste en que o Partido Popular seguirá traballando para promover todo tipo de iniciativas parlamentarias de impulso á acción do Goberno que contribúan a unha maior defensa da comarca da Mariña e ao combate das súas principais problemáticas, como neste caso, en materia de emprego. 

O deputado popular insiste en que esta vez si, e no Parlamento galego, fumos quen de reflectir o que os propios veciños da Mariña nos esixen “unidade e solucións”.