Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.- O Parlamento aprobou, na reunión da Comisión de Agricultura celebrada hoxe, unha iniciativa do PPdeG encamiñada a realizar cantas accións sexan necesarias para apoiar a continuidade das rutas agroalimentarias en Galicia mais aló do peche do proxecto comunitario en marzo do 2012. Estes itinerarios, denominados comercialmente “Camiños dos Sabores de Galicia” baséanse na creación dun instrumento estable de cooperación para promover e desenvolver de xeito integral os recursos agroalimentarios galegos de calidade, con identidade propia, e os turísticos, culturais, paisaxísticas e patrimoniais dos territorios implicados na súa producción.
Na iniciativa popular, defendida pola deputada Emma Alvarez Chao, solicitase a continuidade destas rutas mais alo do ano 2012 xa que o proxecto, que se desenvolve no marco do proxecto Cantata 2 e está financiado polo Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico, desenvolverá as súas accións ata marzo do 2012.
Para elo pide a implicación das administracións competentes na materia e do sector privado a través do Grupo de Dirección Local e o Consello Consultivo “para continuar co desenvolvemento desde instrumento que contribúe ao desenvolvemento integral do noso medio rural mediante un maior aproveitamento do seu potencial local, agroalimentario e turístico e das súas pemes de xeito que contribúa ao desenvolvemento sostible e á diversificación económica do rural galego” segundo Alvarez Chao.
Os produtos agroalimentarios en torno aos que existen estas rutas na actualidade son os queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (San Simón, Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro), as Indicacións Xeográficas Protexidas da mel e a castaña de Galicia e as aves de curral criadas tradicionalmente (capón de Vilalba, galo de Vila de Cruces e Galiña de Mos).Emma Alvarez sinalou que con estes catro produtos galegos (queixo, mel, castañas e aves de curral) se realiz o proxecto Camiño dos Sabores de Galicia con catro rutas deseñadas “Sabores do noroeste”, “Sabores nos camiños”, Sabores do Caurel” e “Sabores nas portas de Galicia”.
NOVA RUTA AGROALIMENTARIA DA FABA DE LOURENZÁ.- Segundo a deputada do PPdeG a abundancia de produtos do agro galego con carecterísticas singulares fai que as posibilidades de desenvolvemento dos novos produtos sexa moi ampla e, por iso, “e de acordo cos cauces establecidos no seo do proxecto CANTATA2 propoñemos a inclusión de novas rutas agroalimentarias noutras zonas xeográficas de Galicia que abrangan Denominacións de Orixe Protexida ou Indicación Xeográfica Protexida e nomeadamente a consideración da Mariña luguesa, territorio formado por quince municipios que abranguen a producción da IXP Faba de Lourenzá”.
Segundo dixo a deputada “A Mariña de Lugo, que atravesa unha situación laboral delicada necesita novas vías de dinamización económica que desarrollen o potencial agrícola, gandeiro e forestal que ten”.