Partido Popular de Lugo

O GPPP proporá no pleno provincial efectuar algúns cambios no Consello Provincial de Cooperación e Asistencia

Lugo, a 23 de decembro de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular levará o vindeiro pleno da administración provincial unha moción na que requiren que se acelere o remate do acondicionamento e dotación de servizos na rúa da Deputación e rúa do Mercado do concello de Guitiriz.

Os populares piden á Deputación que as mencionadas obras se realicen acordes co proxecto e que, en consecuencia, se corrixan algunhas deficiencias detectadas nas mesmas e que o propio Concello puxo en coñecemento da administración provincial, tales como a retirada de mobiliario urbano que impide a circulación de vehículos.

O GPPP tamén levará a pleno unha moción relativa o recén constituido Consello Provincial de Cooperación e Asistencia, que ten por obxecto a regulación do réxime de funcionamento e prestación, por parte da Deputación de Lugo, dos servizos de asesoramento e asistencia xurídica, económica e técnica ós Concellos da provincia.

Unha vez constituido este Consello, presentado coma un órgano de concertación, participación, seguemento e avaliación e cuxo nacemento foi aplaudido por parte de todas as forzas políticas, compre establecer, ó entender dos populares, os procedementos que garantan que este órgano cumpra as  súas funcións, especialmente no que se refire ó seguimento e avaliación. 

O GPPP propón na súa moción que na redacción do réxime de funcionamento se pondere a votación dos membros que o forman proporcionalmente ós concellos que representan: en base a criterios obxectivos (por exemplo: criterios poblacionais, número de alcaldías….)

Solicitan tamén que se establezan as súas reunión cunha periodicidade suficiente para que se poda  entender como un órgano vivo e de participación efectiva, que ben podería ser trimestral ou mesmo inferior en momentos iniciais, e que os acordos que se acaden no seu seo sexan vinculantes.