Lugo, 21 de decembro de 2011.- Os populares de Lugo lamentan que os deputados socialistas e nacionalistas de Lugo votasen hoxe en contra dos Orzamentos de Sanidade da Xunta para o 2012 no que se incluía unha enmenda para efectuar obras na antiga residencia.
A enmenda que se aprobou, únicamente cos votos do PP, contemplaba a incorporación dun MILLÓN E MEDIO DE EUROS para obras de reforma nos edificios da antiga residencia.
Os populares José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira recriminaron a dobre cara e a incoherencia dos socialistas e nacionalistas lucenses quenes “por un lado din estar ao lado dos veciños e por outro lles negan uns fondos necesarios para acondicionar o vello recinto hospitalario”.
Para o Partido Popular de Lugo a enmenda que se aprobou hoxe demostra que o compromiso dos populares co barrio non só é en período electoral “mentres que outros se dedican a enredar nós traballamos para construir un novo futuro para a zona”. Os populares criticaron que “os que foron incapaces, en doce anos de planificar o futuro do barrio, se negasen finalmente a aceptar esta proposta”.
Intento fallido dos socialistas de reducir a partida rehabilitación A Tinería.- Noutra orde de cousas os deputados populares no Hórreo frearon a pretención dos socialistas de reducir nun millón de euros a partida que o goberno galego prevé destinar, en 2012, para rehabilitación a Tineria de Lugo. A enmenda para a cal o PSOE pediu o apoio dos parlamentarios galegos solicitaba utilizar estes fondos para proxectos de rehabilitación na cidade de Betanzos.
“É un despropósito que durante estes últimos anos o señor Orozco se dedicase a apropiarse dun proxecto impulsado por gobernos do PP e agora permita que os seus intenten recurtar fondos a este programa. Logo veñen as lamentacións e as inmolacións contra as distintas administracións”, puntualizou o deputado popular Jaime Castiñeira.