Partido Popular de Lugo

PROSPERA A PROPOSTA POPULAR PARA QUE XUNTA, GRUPOS PARLAMENTARIOS E SECTOR CONSENSUEN UNHA POSTURA UNITARIA SOBRE O PROXECTO DE REFORMA DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN

Santiago, 14 de decembro de 2011.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou -co voto favorable das tres forzas políticas- un acordo transacionado que recolle a proposta defendida polo Grupo Popular para que Xunta, partidos políticos e os representantes do sector pesqueiro,  marisqueiro e acuícola, consensuen unha postura unitaria sobre o proxecto de reforma da Política Pesqueira Común (PPC) que nas pasadas datas vén de facer pública a Comisión Europea.

 

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu que por riba de consideracións partidistas ou ideolóxicas Galicia debe ser capaz de presentar ante Europa unha alternativa unitaria sobre a futura normativa, na que se recollan as principais reivindicacións do sector e na que se incorporen aqueles cambios sobre a proposta actual que sexan máis acaídos para a defensa dos intereses dos profesionais do mar en Galicia.

 

O acordo final mandata  á Xunta a crear un Grupo de Traballo, no que participen os tres grupos políticos parlamentarios e a Consellería do Mar. O seu cometido é elaborar unha serie de conclusións sobre o modelo que debera  ter  a futura Política Pesqueira Común. Despois será a quenda do Consello Galego de Pesca -máximo órgano asesor da Consellería do Mar e no que están representado todo o sector: confrarías, agrupacións de produtores pesqueiros, … etc- que incorporará as achegas correspondentes.

 

Jose Manuel Balseiro lembra que esta non é a primeira vez que ante as propostas da Unión Europea Galicia é capaz de presentar un texto alternativo y unitario consensuado co propio sector.  Xa a Consellería do Mar acertou elaborando fai dous anos a través dun procedemento “aberto, participativo e construtivo” un unha primeira toma de posición ante o debate que o Libro Verde proponía sobre a reforma da Política Pesqueira común. Agora trataríase de empregar o mesmo procedemento participativo unha vez que sobre a mesa a propia Comisión Europea xa ten unha proposta máis firme sobre o que será o futuro regulamento comunitario. Esta situación contrastaría ademais co acontecido no pasado, cando o bipartito trasladaba a Europa distintas propostas de reforma “sen consensualas previamente co sector e sen debatir este asunto no Parlamento de Galicia”.