Partido Popular de Lugo

O GPPP denuncia a “pouca seriedade e incoherencia” de PSOE e Bng que votaron de forma distinta no pleno de Cervo e na deputación de Lugo

Lugo, a 2 de decembro de 2011.- O GPPP de Lugo, denuncia “a falta de seriedade e coherencia” dos deputados socialistas e nacionalistas no debate do último pleno da Corporación Provincial con respecto ao recurso presentado polo Concello de Cervo contra a imposición dunha multa de 20.000 euros por permitir colocar varios postes xunto a unha vía provincial.

Dende o Grupo Provincial do Partido Popular consideran “desproporcionada” a sanción imposta froito dunha “clara persecución política por tratarse dun alcalde popular”. Os populares tamén  censuraron a falta de responsabilidade dos concelleiros nacionalistas e socialistas “que votaron no pleno municipal de forma distinta que no pleno da deputación”.

A deputada provincial, Elena Candia, lembrou que os concelleiros nacionalistas, no concello, votaron a favor da solicitude de arquivo do expediente e que os do PSOE abstivéronse. “É indignante é impropio de toda unha vicepresidenta da Deputación careza dun único criterio e que dea bandazos en función do salón no que vota”.

“É incomprensible este tipo de actitudes nas que se ve, ás claras, que o principal interese dos socialistas e nacionalistas é a defensa do posto que ocupan”, matizaron os populares. 

Para o Grupo Provincial non é de recibo  “que se vote en contra de anular a sanción cando a Deputación, como órgano que  debe COOPERAR E ASISTIR aos concellos, prestando unha  especial atención aos de menor poboación, está gravando os seus petos cunha multa que non vén á conto”.