Partido Popular de Lugo

NNXX reuniuse hoxe en Lugo para deseñar o calendario de traballo dos próximos meses e cumprir así co seu programa electoral

Lugo 25-11-2011.- Os mozos de Novas Xeracións do Partido Popular de Lugo celebraron hoxe o seu primeiro comité de dirección tralas eleccións xerais celebradas o pasado domingo e que lle deron a vitoria ao Partido Popular en toda a provincia. Os membros de agrupación política vinculada aos populares deseñaron o calendario de traballo a seguir nos próximos meses e cumprir así co seu programa electoral. O presidente provincial, Daniel Vega, aproveitou a ocasión para agradecerlle a NN.XX

Durante a xuntanza, os mozos de Novas Xeracións tamén fixeron balance do traballo realizado durante a campaña, ademais de analizar os resultados dos comicios. De igual maneira durante o comité, os membros da agrupación leron un manifesto sobre o día Mundial Contra a Violencia de Xénero.

Os mozos recordaron que cada 18 segundos unha muller é maltratada no mundo, segundo a ONU. Os datos demostran claramente a violencia asentada na sociedade. O 12% dos adolescentes recoñeceron algunha vez pegarlle ou empurrar a súa parella. O 55,6% das vítimas son mulleres e o 40% das denuncias por maltratato foron presentadas polas mulleres menores de 30 anos.  

A violencia de xénero continúa hoxe sendo unha lacra social e a ausencia de recursos económicos e de efectivos especializados son parte da imprudente política social e de seguridade levada a cabo polo goberno socialista nos últimos anos. Dende NN.XX. cren necesario “atallar as políticas propagandísticas e baleiras de contido e orzamento que tiveron como exemplo a eliminación da partida de atención especializada para vítimas da violencia de xénero, nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2011”.

Dende a agrupación política vinculada aos populares propoñen programas de protección ás vítimas e da seguridade integral posibilitando unha estrutura sólida para derrubar ás barreiras da desigualdade de sexos; a implantación dun expediente único nas Comunidades Autónomas evitando duplicidades e facendo accesible toda a información á vítima de calquera axente da cadea: elaborar protocolos xerais de actuación; e por último, a protección e seguridade das vítimas debe manifestarse no aumento de efectivos policiais dedicados en exclusiva á violencia de xénero.