Partido Popular de Lugo

O PPdeLugo dice que, para sumarse ó cambio, “o único voto válido é o que se introduza nas urnas o vindeiro domingo”

 

Lugo, a 18 de novembro de 2011.- José Manuel Barreiro acusou hoxe ós socialistas, durante o mitin de peche de campaña ó que asistiu Alberto Núñez Feijoo, de buscar sempre escusas para botarlle a culpa a outros de todo aquelo do que eles son responsables. “Non é que Rubalcaba teña a crise na cabeza é que Rubalcaba estivo á cabeza dos que nos meteron na crise”, espetou o cabeza de lista ó Senado.

“Dice o cabeza de lista dos socialistas por esta provincia, ese que está tan contento de levar o Ave á Meca pero que non se preocupou de que chegara a Lugo, que no ADN do seu partido está a política social. Pero a verdade, porque tamén nesto minte o Sr. Blanco, é que no ADN socialista o que está é a incompetencia económica e o incremento do paro”.

“O mentiroso”, dixo Barreiro citando a Baltasar Gracián, “ten dous males: que nin cree nin é creído. E don José Blanco, polo moito dito e polo pouco feito, en materia de infraestructuras por exemplo, e pese a que á ultima hora ata se deixou ver polos debates e sonrindo nas marquesinas, será incapaz de desfacerse da fama de incumplidor que se gañou a pulso”.

Neste senso salientou que “a catro días das eleccións” o PSOE tivo que recoñecer que a súa previsión de crecemento “era mentira” e que a súa reforma laboral “non serviu para nada”.

Segundo explicou o cabeza de lista ó Senado, durante esta campaña electoral, “marcada pola incertidume e o perigo que supón que a nosa prima de risco esté a marcar récords históricos”, un ex presidente socialista tivo a “ocurrencia” de dicir eiqui, “neste mesmo esceario”, que a economía española non ten un problema de solvencia senón de liquidez. “Felipe González debería pasar unha tarde charlando coa ministra Salgado, quen me dixo un día no Senado que a liquidez non era un problema porque a liquidez deste país era prácticamente ilimitada”, explicou, para preguntarse de seguido: qué tipo de confianza pode ofrecer un partido político se cada un dos seus membros dá un diagnóstico diferente e ningunha solución.

“Qué podemos agardar, senón máis do mesmo”, redundou Barreiro, “dun candidato como Pérez Rubalcaba que entende que a débeda pública do noso país non é moi alta, pese a superar os 700.000 millóns de euros e custarlle a cada lucense 14.893 euros”.

Con estas “reflexións”, segundo dixo, non é de extrañar que familias e empresas acabaran “expulsadas” do mercado financieiro a tenor de que o goberno “acaparou”, a costa de endebedarse, o xa de por si escaso crédito existente.

O PP, ó entender de Barreiro, é a “única alternativa real” ó cambio que precisa España para recuperar a senda do crecemento económico e a creación de emprego “porque ofrece un proxecto nacional común baseado nun plan de reformas eficaces”.

“E non fagades caso ós que, ante a desesperación, optan por enlodar a democrática contenda política dicindo feixes de mentiras: o Partido Popular está comprometido coa protección social e o mantemento do Estado de Benestar e é o único que garantiza ó mantemento dos servicios básicos porque aplicará unha política económica coa austeridade e a creación de emprego como pilares fundamentais”, recalcou.José Manuel Barreiro recoñeceu que a tarea que queda por diante é “titánica” pero “todos a unha, cunha única voz e empuxando todos na mesma dirección”, é posible facer os cambios que o país necesita. Pero únicamente, segundo advertiu, poderanse dar as condicións para que se leven a cabo ese cambio “se ó proxecto que defende ó Partido Popular se suman a maioría dos cidadáns deste país.  

 

Barreiro fixo tamén unha apelación á participación na xornada electoral porque, segundo enfatizou, “non podemos dar ningún voto por gañado; o único voto válido é o que se introduza nas urnas o vindeiro domingo”.

CAMPAÑA EN POSITIVO.- Pola súa banda, o cabeza de lista ó Congreso salientou durante o seu discurso que o Partido Popular fixo, “ó contrario de outros”, unha campaña en positivo, “falando das cuestións que preocupan ós lucenses”. “Sen entrar”, recalcou, “nas provocacións dos socialistas. Dando, en todo momento, a cara. Acudindo a todos os debates e, sobre todo, transmitindo ilusión a pesares da grave situación económica que estamos a vivir”.

Joaquín García Díez tamén fixo un chamamento á participación porque “é un momento crucial no que non podemos deixar que outros decidan por nós; que determinen o noso futuro”. «Agardar outros catro anos para participar se non nos gusta o que se decida o domingo non tería sentido. É agora cando España, o seu futuro, está en xogo”. O número 1 á Cámara Baixa lembrou algúns dos “graves patinazos” cometidos polo Goberno socialista nos últimos oito anos porque, segundo enfatizou, “parece que nos esquecemos de que ademais da mala xestión económica tamén faltou a ética e o respeto ós valores que durante tanto tempo e con moito esforzo construimos os españois”. “Todos os españois”, apuntillou.

García Díez dos populares lucenses puxo coma exemplo aquela “xa célebre” frase de Zapatero de «me conviene la tensión». “Convíñalle tensionar o país por intereses electorais no 2008 e así nos foi e por iso estamos onde estamos”.

Durante a súa intervención Joaquín García Díez tamén agradeceu “o cariño, apoio e ilusión” que durante estes días “recibimos todos os candidatos” das persoas que asistiron ós mítines e a todos os actos de campaña que o Partido Popular desenvolveu ó longo e ancho da provincia. “Non defraudaremos”, sentenciou.