Partido Popular de Lugo

O PPDEG REXEITA “A DEMAGOXIA E O CINISMO DE UNIÓNS AGRARIAS” SOBRE A SITUACIÓN DE LEITE RÍO E LEYMA

Santiago de Compostela, 18 de novembro   de 2011.-  A voceira de Medio Rural do PPdeG, Isabel García Pacín, lamentou hoxe a “demagoxia  e o cinismo dos correlixionarios socialistas de  Unións Agrarias”sobre a súa preocupación ante a posible venta do grupo lácteo integrado por Río y Leyma á multinacional francesa Lactalis. Segundo a voceira popular “eles esixen á Xunta que evite a venda dunha empresa privada sobre a que non ten ningunha xurisdicción mentres que eles propiciaron e autorizaron a venta de Puleva a Lactalis xa que o Estado era o propietario a través  dunha importante participación na primeira, cousa que non ocorre  actualmente coa Xunta e Río, e ademais autorizaron  a operación a través da Comisión Nacional da Competencia”.

Segundo García Pacín “aínda non escoitamos unha xustificación socialista ou protestas nin demandas a pesares de ter poder de decisión no caso da venda de Puleva e agora queren que a Xunta interveña sobre unha empresa privada da que non ten ningunha participación”. Para a voceira popular “se trata unha vez mais dunha mostra da demagoxia que utilizan os socialistas e Unións Agrarias cando se trata do sector lácteo galego xa que non esixen en ningún momento responsabilidades pola mala xestión do Goberno do PSOE, cando deixou en mans foráneas unha industria de transformación sen condicionar esa venda para o futuro, deixando aos productores galegos indefensos ante posibles abusos, pero insisten en que a Xunta faga algo sobre o que non ten ningunha competencia nin capacidade de acción”.