Partido Popular de Lugo

Hernández: “0 quilómetros de AVE e o 25 por cento menos de quilómetros de autovía que cando gobernou o PP. Ese é o balance do Goberno socialista na provincia de Lugo”

Lugo, a 16 de noviembre de 2011.- “A mellor forma que ten a cidadanía lucense para xulgar o que fixo ou non en materia de infraestructuras o goberno socialista é tendo os datos na man”, asegurou hoxe o cabeza de lista dos populares ó Senado José Manuel Barreiro durante a comparecencia efectuada polo responsable de Infraestructuras do PPdeG Agustín Hernández, que estivo acompañado tamén polo número 1 ó Congreso Joaquín García.

«O PPdeG fai un segumento das infraestructuras de Galicia e hoxe comparezo aquí para reflexionar sobre este asunto”, anunciou Hernández.

“Sete anos de goberno socialistas podese resumir cun seis suspensos e un aprobado parcial, o do ano 2009 en relación co ferrocarril que foi o único no que se cumpriu cos compromisos en materia ferroviaria”, explicou.

En materia de infraestructuras viarias, Agustín Hernández dixo que o Plan de Infraestructuras de Transportes e o Plan Galicia establecían un “horizonte temporal” para a entrada en servicio das autovías, aprobado no Congreso o 29 de xuño de 2004 cos votos do Partido Popular pero tamén do PSOE, segundo lembrou, que non se levou a cabo.

Así, a autovía Lugo-Santiago, que segundo esa previsión tería que estar rematada en 2008-2010, non o estivo. En 2004 estaba en tramitación ambiental; hoxe a metade do percorrido está en obras e non será posible que esté rematada antes do 2014.

A autovía do Cantábrico tiña que estar en funcionamento en 2008. En 2004 tres treitos tiñan as obras contratadas. A día de hoxe, o 20 por cento do trazado está en obras e non se agarda que esté rematada antes de 2013.

A autovía Lugo-Ourense, tamén debería estar operativa en 2008-2010. En 2004 estaba en tramitación ambiental, hoxe ten a “dubidosa honra”, dixo Hernández, “de ser a única vía de altas prestacións que ten rescindidas as obras» dunha adxudicacións feitas «tarde, mal e arrastro”.

A autovía Ponferrada-Monforte e Chantada-Monforte levan máis de tres anos en información pública. “Os socialistas só a utilizaron como promesa electoral”, indicou o responsable de Infraestructuras do PPdeG. Caso parecido ó corredor Barreiros-San Cibrao, “que leva en estudio informativo dende 2005”.

O resume, en 1996 había na provincia de Lugo 14 quilómetros de autovías de titularidade estatal. No período do goberno do Partido Popular, de 1996 a 2004, puxéronse en servicio 96 quilómetros; entre 2004-2011, nos que gobernou o PSOE, entraron en funcionamento 71,5 quilómetros. “É dicir, o 25 por cento menos que na época de goberno do Partido Popular”, recalcou Hernández.

 

No que atinxe ó ferrocarril convencional e ó AVE, “onde os atrasos son maiores aínda”, Agustín Hernández salientou que a línea de AVE Lugo-A Coruña e Ponferrada-Monforte tiña que estar operativa en 2012-2014; e a que une Ourense con Lugo, en 2009. O resume é que na provincia de Lugo “non se poden medir os atrasos porque non hai nin sequera un quilómetro de vía acondicionada para o AVE”.

Agustín Hernández tamén se referiu o anuncio, vía BOE, efectuado onte polo Ministerio de Fomento sobre o tramo Ourense-Lugo que, segundo a súa opinión, refrendan que será imposible cumplir os prazos establecidos no Pacto do Obradoiro. Foi, ó entender de Hernández, un novo “paripé”.

En conclusión, segundo explicou, “os feitos do Goberno socialistas falan por si mesmos: 0 quilómetros de AVE na provincia de Lugo e en infraestructuras viarias, o 25 por cento menos que durante os gobernos do Partido Popular”.