Partido Popular de Lugo

Barreiro: “España estivo falta de bos gobernantes durante estes últimos anos; e eso está a pasar factura”

Viveiro, a 15 de novembro de 2011.- “España estivo falta de bos gobernantes durante estes últimos anos; e eso está a pasar factura”, asegurou hoxe José Manuel Barreiro durante o mitin celebrado en Viveiro.

A “nova delicada” situación económica pola que está a pasar o país, “coa prima de risco outra vez desbocada, marcando máximos históricos”, constituiu, de feito, un dos eixso fundamentais do discurso do cabeza de lista ó Senado pola provincia de Lugo durante a súa alocución.

“Cada día que pasa faise máis acuciante trasladar unha mensaxe de confianza a Europa e ós mercados. Unha mensaxe positiva, que garantice a nosa solvencia”, asegurou. E esa confianza necesaria non está a xurdir do Partido Socialista nin do seu candidato, que sigue empeñado en prantexar como solución ós problemas económicos do país incrementar o déficit, “pese a que xa o correxiu a súa ex compañeira de Goberno Elena Salgado”, reprochou Barreiro.

“Nin sequera para eso arriman o ombreiro. Ó contrario, Rubalcaba está a sembrar o pánico, posto que claramente está a dicir que España, se por el fora, non cumpriría os obxectivos de déficit imposto”, dixo, ó tempo que alertou “que a mala xestión realizada polos socialistas e a desconfianza que seguen a propiciar cústalle ó noso país preto de 100 millóns de euros ó día”. “Eso será o que lle teñamos que agradecer a partir do vindeiro domingo a Zapatero, Rubalcaba e Blanco”, ironizou. “Unha mala herencia”, apuntillou.

Neste contexto, o cabeza de lista dos populares á Cámara Alta insistiu en que  “as cousas poden facerse doutra maneira, poden facerse ben” e lanzou unha mensaxe de “confianza e esperanza”: “o PP demostrou xa que é capaz de reecauzar unha situación adversa, e temos programa e temos líderes capaces de levalo á práctica”.

Líderes que, segundo recalcou, “van e irán coa verdade por diante e realizarán unha acción de goberno rigurosa, eficaz e prudente”. 

Durante o mitin, no que tamén interviñeron Jaime de Olano e César Aja, José Manuel Barreiro pediu o voto para o Partido Popular “porque é o único capaz de reencauzar a situación de España, de garantizar o estado de benestar co impulso dunha nova política económica sustentada sobre a creación de emprego”. 

Insistiu asimesmo en que “o único voto válido é o que esté dentro das urnas o 20 de novembro”.