Partido Popular de Lugo

“Os socialistas non poden ser parte da solución porque foron parte fundamental do problema”

Ribadeo, a 14 de novembro de 2011.-  O goberno socialistas amosouse moi débil na defensa dos intereses dos pescadores españois en xeral, e dos galegos e lucenses en particular, á hora de negociar a Política Pesqueira Cómún. “Tanto é así”, segundo explicou Joaquín García Díez, “que a proposta de regulamentos de reforma da PPC que fixeron non contén ningunha das principais reivindicacións dos nosos pescadores”.

O cabeza de lista ó Congreso pola provincia de Lugo insistiu durante o mitin desenvolvido en Ribadeo, no que tamén interviñeron o seu compañeiro de candidatura Jaime de Olano e Alfonso Rueda, que os socialistas deron ás costas ó sector pesqueiro, “en todos os sentidos e en todos os ámbitos”, e fixeron oídos xordos a todos os seus problemas “só foron capaces de plantexar parches que despois nin sequera chegaron a aplicar. E un exemplo ilustrativo é o Plan estratéxico de acuicultura”.

Para García Díez non hai dúbida de que quen non foi capaz antes, tampouco o será depois; de que quen non foi capaz de detectar a crise, recoñecela e actuar coa premura e a eficacia que as circunstacias requerían, tampouco será capaz de solucionar o desastre do que é  corresponsable. Na súa opinión, “os socialistas non poden ser parte da solución porque foron parte fundamental do problema”. 

Neste senso, o cabeza de lista dos populares á Cámara Baixa non dubidou en pedir o voto para o Partido Popular porque “representa a alternativa que necesita España”. “Dos socialistas”, dixo, “non podemos agardar ningunha solución que nos permita otear aínda que só sexa algo de claridadade ó final do túnel”.