Partido Popular de Lugo

Barreiro: “por seriedade, competencia e confianza, Mariano Rajoy é a mellor solución para España”

Palas de Rei, a 14 de novembro de 2011.- “A sociedade española no seu conxunto, e a lucense non é unha excepción, quere un cambio porque todos somos conscientes de que a situación na que nos atopamos non pode prolongarse máis no tempo”. Así o asegurou José Manuel Barreiro durante o mitin ó que asistiu hoxe en Palas de Rei, no que estivo acompañado por Agunstín Hernández e Pablo Taboada.

O cabeza de lista dos populares ó Senado dixo que os agricultores e gandeiros desta provincia, “como o resto dos traballadores deste país”, queren un cambio porque, “aínda que o Goberno socialista lles prometeu que ía apoialo, a realidade é que a súa renta de agricultores e gandeiros é hoxe un 15 por cento inferior á que tiñan en 2004; porque o paro agrario, tradicionalmente menor que o xeral, hoxe está á mesma altura; porque á vista da debilidade coa que defenderon os seus intereses na Unión Europea, os agricultores e gandeiros lucenses botan moi en falla a ministras como Loyola de Palacios e un Ministerio de Agricultura que sea sensible os seus problemas e que sea capaz de aportarlles solucións”. 

“Todos queremos un cambio”, engadiu, “porque o goberno socialista de Zapatero, Rubalcaba e Blanco fixo que este país retrocedera unha década e porque todos sabemos que o crecemento económico, o emprego, a política social e a austeridade son os piares fundamentais sobre os que se sustenta o programa do Partido Popular, que son, ó fin, as grandes preocupacións coas que se levantan cada día os homes e mulleres deste país”.

Segundo José Manuel Barreiro, todos os cidadáns deste país, a estas alturas de campaña, teñen claro que o Partido Popular, con Mariano Rajoy á cabeza, “é a mellor solución para Espana, por seriedade, competencia e confianza”.