O Vicedo, a 12 de novembro de 2011.- O Partido Popular impulsará dende o goberno do Estado a racionalización da estructura que ten a administración en todos os seus niveis. Una medida que redundará nunha reducción do seu coste, segundo asegurou Joaquín García Díez durante un mitin celebrado en O Vicedo.
O cabeza de lista dos populares ó Congreso adiantou que esta actuación concretarase nunha reducción do número de altos cargos, do persoal eventual e dos gastos correntes que teñen as institucións.
Una reducción de cargos públicos que irá aparellada a unha “delimitación precisa” das competencias que asumirá cada administración, evitando así solapamentos innecesarios e a proliferación de estructuras burocráticas, que a súa vez conlevan o incremento de persoal ó seu servicio. “Trátase, en definitiva, de aplicar a eficacia e a eficiencia en todos os niveis da administración”, asegurou García Díez.
E dentro deste paquete de medidas encamiñadas a exercer un control exhaustivos sobre a xestión pública “en aras de que o principio de austeridade se cumpra”, establecerase a obligatoriedade de que os orzamentos das distintas administración distingan “claramente” entre os gastos correpondentes a servicios públicos básicos de aqueles que non o son.
“Deste xeito”, recalcou García Díez, “os cidadáns terán un exacto coñecemento dos recursos destinados a funcións esencias; trátase, en definitiva, de garantizar a prestación dos servicios básicos”.
De feito, para garantizar a igualdade de todos os españois no acceso e a prestación destes servicios esenciais, o goberno de Mariano Rajoy impulsará a redacción dun catálogo no que se fixarán os parámetros de calidade que deberán cumprir, segundo adiantou o cabeza de lista dos populares ó Congreso.