Barreiros, a 12 de novembro de 2011.- José Manuel Barreiro asegurou hoxe durante un mitin celebrado en Barreiros, no que tamén participaron Agustín Hernández e o número dous dos populares ó Congreso Jaime de Olano, que “gobernar implica xestionar, non só gastar”.
Para o cabeza de lista ó Senado por Lugo, os socilistas demostraron que saben moi ben como gastar pero que, “como demostran os resultados”, o de xestionar non se lle dá tan ben. “En economía”, dixo, “a confianza é fundamental pero está claro que eles non foron capaces de xenerala. Unha reacción lóxica a tenor das súas actuacións. O resultado é un estado de incertidume permanente e unha situación tan compricada que só pode calificarse de verdadeira emerxencia nacional”.
![]() |
![]() |
Neste contexto, Barreiro apelou á “responsabilidade” e á “experiencia demostrada e contratada” polo Partido Popular en momentos “case tan difíciles como os actuais e tamén resultado da mala xestión dun goberno socialista”, para pedir o voto para o seu partido.
Segundo advertiu, o proxecto de rexeneración económica que quere aplicar o Partido Popular, “que necesita España”, só poderá levarse a cabo “se o 20-N gañamos por maioría absoluta”. “Ben sabedes o que lle pasa ó PP se non acada o respaldo suficiente”, apuntilou.
O candidato popular explicou que a mellor maneira de gastar os cartos que os españois aportan ás arcas do estado é nos servizos sociais, pero insistiu en que só dende unha axeitada política económica se pode desenvolver unha política social.
![]() |
![]() |
José Manuel Barreiro tamén alertou sobre os políticos que “prometen moito pero fan moi pouco”, e eso pese a ostentar importantes grados de responsabilidade, tanto dende o punto de vista político como de xestión e “alardear delo en canto teñen a mínima ocasión”.
O cabeza dos populares á Cámara Alta instou a “comparar o dito co feito” polo ministro de Fomento “en funcións” José Blanco: “nada do Corredor da Costa; a Transcantábrica sen rematar… pero agora volve a insistir en que 2012 será o ano no que estas infraestructuras, como outras moitas pendentes de execución na provincia de Lugo, serán realidade . O malo é que dixo o mesmo en 2007 e mesmo nas eleccións anteriores. Así que eu dígolle ó Sr. Blanco: pasouselle o tempo, porque quen cando puido facer, non fixo, difícilmente poderá facer algo cando non teña responsabilidades de goberno. E, á vista dos feitos, tras o 20-N non terá ningunha”.
![]() |