Sarria, a 11 de novembro de 2011.- O cabeza de lista dos populares lucenses ó Senado acusou ós socialistas de “improvisar” as súas propostas económicas para remontar a grave situación “na que colocaron a Espana”.
José Manuel Barreiro dixo no mitin celebrado en Sarria, no que tamén participou o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, que os socialistas “teñen tal descontrol” que a “ocurrencia” de Alfredo Pérez Rubalcaba de pedirlle a Europa que amplie en dous anos o prazo dado para controlar o déficit foi rexeitada “inmediatamente” pola súa compañeira de partido e de goberno, a ministra Elena Salgado.
Para Barreiro, é “insensato” que os socialistas, “despois de provocar que o noso déficit esté disparado”, pretendan incrementalo aínda máis. “Estas son as solucións que pretenden aplicar ós socialistas, empeorar aínda máis a situación”, preguntouse, tras incidir en que a Unión Europea vén de advertir que as previsións económicas do Goberno socialista, “unha vez máis”, non se van a cumprir. “Outra mala noticia que confirma a herencia envenenada que van deixar os socialistas ó novo goberno”, apuntillou.
“Temos que rebaixar o déficit”, recalcou José Manuel Barreiro, e acadar ese obxectivo pasa, “como punto de partida”, por aprobar unha Lei de estabilidade orzamentaria que fixe os teitos de gasto en todas as administracións (“como xa fixo a Xunta”, inqueriu), “para que ninguén poida gastar o que non ten”.
José Manuel Barreiro tamén alertou sobre “sembra de insidias” que está a desenvolver o partido socialista, así como “a nova sembra de promesas” que “nomeadamente” está a facer José Blanco. “Xa as coñecemos todas porque leva máis de dez anos coa mesma letanía, pero a realidade e que todo está por facer, incluída a segunda fase do polígono do Mourelle e o encauzamento dos ríos Sarria e Celeiro”, explicou.
“Moito é o que se di pero moi pouco o que se fai”, concluiu.