Partido Popular de Lugo

Debate a tres bandas sen José Blanco

Lugo, a 10 de novembro de 2011.- O cabeza de lista do Partido Popular ó Congreso pola provincia de Lugo Joaquín García Díez participou hoxe no de debate electoral organizado por Unave, xunto coa tamén cabeza de lista nacionalista María José Vega Buján. Pola contra, non asistiu o número 1 dos socialistas José Blanco pese a que inicialmente confirmara a súa intervención. Sustituino a número dous ó Congreso Margarita Pérez Herráiz.