Partido Popular de Lugo

García Díez: “o goberno socialista non tivo reparos en abandonar ós gandeiros”

Lugo, a 8 de novembro de 2011.- O cabeza de lista ó Congreso, Joaquín García Díez, asegurou hoxe durante o mitin no que participou en Riotorto e no que compartiu atril con Javier Guerra, que o Partido Popular está comprometido co sector primario. “O noso sector lácteo, sempre que teña un goberno ó seu carón, que o defenda e o respalde, terá futuro”, dixo, “e a eso se compromete o Partido Popular”.

Segundo explicou García Díez, para arranxar os problemas que ten o sector lácteo temos que ter presente a situación da que partimos, e a realidade é clara: “o goberno socialista non tivo reparos en abandonar ós gandeiros”.

“Somos unha potencia láctea, Galicia xenera un terzo da producción total do país, pero o Gobeno socialista non tivo reparo en apoiar a decisión da Unión Europea de suprimir en 2012 o sistema de cotas sen importarlle o perxuicio que lle causa os nosos gandeiros e sen prever compensalos pola inversión que fixeron en adquirir cota”, explicou.

Que o MARM non repartira as 50.000 toneladas das que dispón, deixar que Lactaris comprara Puleva ou rexeitar a proposta formulada polo PP no Congreso para implantar por lei os contratos entre productores e industrias son outras das afrentas feitas ó sector lácteo polos socialistas e das que, según recalcou, “ ós gandeiros lucenses sairon especialmente agraviados”. 

“Mariano Rajoy é sensible e coñecedor destes problemas e non deixarán na estacada os agricultores e gandeiros deste país como fixeron outros”, apuntillou.

Previamente, o cabeza de lista dos populares lucenses ó Congreso preguntouse durante o mitin no que participou en A Pontenova, neste caso acompañado por Agustín Hernández, cal foi a razón pola que o titular de Fomento José Blanco, “agora que alá por onde vai promete a execución inmediata das obras que ten pendentes de realizar o seu ministerio”, tardou tanto en dar resposta a demanda “reiteradamente solicitada e necesaria” de dotar dunha nova capa de rodadura á N-640.

«Está claro”, dixo, “que non é digno de fiar o que promete tanto, porque á vista está de que ó final non fai”.