Partido Popular de Lugo

Barreiro: “só xerando riqueza poderemos manter e mellorar os servizos públicos”

A Pontenova/Burela, a 8 de novembro de 2011.- O cabeza de lista dos populares ó Senado recalcou hoxe para o Partido Popular o primeiro obxectivo é o emprego. Segundo explicou José Manuel Barreiro, “só dende a activación do mercado laboral poderemos xerar riqueza e só con esa riqueza poderemos manter e mellorar os servizos públicos”.

Fixoo nos mítines desenvolvidos en Burela e Lourenzá nos que compartiu ronda de intervencións com Javier Guerra e Agustín Hernández, respectivamente.

O PP, segundo asegurou Barreiro, ten claro o que hai que facer para dinamizar a creación de emprego. E unha desas primeiras medidas para acadar ese obxectivo será aprobar unha lei para apoiar ós emprendedores porque, segundo recalcou, “no PP somos conscientes de que unha política fiscal en positivo é a clave para remontar esta situación”. E nesa liña atópase, por exemplo, a decisión de que ningún autónomo pague o IVE ata que non teña cobrado a factura. “Unha proposta que os populares xa lle plantexamos ó Goberno socialista pero que non tivo a ben aceptar”, explicou.

Na opinión do candidato popular resulta chocante que Alfredo Pérez Rubalcaba, o candidato socialista á presidencia do Goberno, asegurara, a principios do pasado mes de xullo, “e cando aínda era vicepresidente”, que os socialistas sabían o que tiñan que facer para crear emprego. “Pero parece que non era así, porque os datos do desemprego do pasado mes de outubro foron demoledores”. Unha conclusión que empregou como premisa para afirmar “que quen nos enganou repetidamente, primeiro negando a crise, despois relativizandoa e máis tarde asegurando que sabían como solucionala, non merecen ningunha confianza”.

Unha confianza que tampouco xenera o cabeza de lista dos socialistas pola provincia de Lugo, “ademais de porque non asume as responsabilidades políticas que debería, a tenor das graves acusacións das que está a ser obxecto”, porque volve, “unhas eleccións máis, a pasearse pola Mariña e dicir que as obras do corredor da Costa vanse iniciar xa e que a autovia do Cantábrico vaise rematar xa, é dicir, o que xa dixo catro anos pero que catro anos despois non fixo”.

“Do que non falou o outro día en Burela foi da nova sede de Capitanía Marítima, pode que se esquecera de que esa obra tamén era competencia súa”, ironizou. E tampouco se lembrou de dar ningún explicación das razóns que levaron ó goberno do que forma parte a dar as costas ós nosos pescadores, a pesares de ser un dos poucos sectores nos que somos líderes europeos”. 

“Non loitaron en Europa polos nosos pescadores á hora de pactar a Política Pesqueira Común; pero o Partido Popular si o fará porque somos conscientes de que este sector ten que contribuir decisivamente á recuperación econômica deste país”, engadiu.