Partido Popular de Lugo

Expectación no inicio; satisfacción ó remate

Lugo, a 7 de novembro de 2011.- O debate protagonizado onte polos aspirantes á presidir o novo goberno do Estado tras a cita electoral do 20-N foi seguido con gran interese na sede do Partido Popular de Lugo, onde se concentraron ducias de afiliados e simpatizantes.

Os cabezas de lista ó Congreso e ó Senado, Joaquín García e José Manuel Barreiro, seguiron dende primeira liña o debate, xunto con outros candidatos como Olga Iglesias, María Gómez Pallín ou Armando Castosa, acampoñados de alcaldes e concelleiros dos municipios próximos, entre eles o voceiro do grupo municipal de Lugo, Jaime Castiñeira.