Chantada, a 6 de novembro de 2011.- O cabeza de lista ó Senado por Lugo do Partido Popular chamou a atención no xantar-mitin celebrado hoxe en Chantada, no que tamén participou o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, sobre as diferentes herencias económicas que populares e socialistas deixaron en España e que, ó seu entender, “marcan diferencias” entre a actuación de uns e outros.
Así, José Manuel Barreiro, explicou que o crecemento medio anual do Producto Interior Bruto en España entre 1996 e 2003 foi do 3,6 por cento; cos socialistas o crecemento converteuse en decrecemento: o -3,6% en 2009, o -0,1% e 2010 e o 0% no terceiro trimestre de 2011.
“No desemprego, pola contra”, dixo, “cos socialistas subimos, subimos moito”. O PP deixou en 2003 unha taxa de paro do 11,1%, “despois de remontar 10 puntos que nos deixou como herencia ó goberno de Felipe González”, e hoxe estamos “á cabeza de Europa” con case o 22 por cento da poboación sen traballo.
“As comparanzas son odiosas pero ilustrativas”, apuntillou Barreiro.
O candidato popular referiuse tamén na súa intervención á aposta decidida, “comprometida por Marinao Rajoy”, co sector primario. O PP promoverá, de feito, a incorporación de xóvenes á actividade agraria para frear o abandono do campo e o envellecemento da poboación no rural, facilitando así o relevo xeneracional. “Na Ribeira Sacra tedes moi presente, pola puxanza que ten a viticultura, o importante que resulta que os mozos se poñan ó frente das explotacións. Eles son a mellor garantía de que o sector teña futuro e así o están demostrando xa co recoñecemento e prestixio internacional que o seu traballo está a alcanzar”, indicou. “O Partido Popular respaldará ós emprendedores”, enfatizou.
José Manuel Barreiro tamén se referiu “ás infraestructuras aínda inexistentes” reiteradamente prometidas polos socialistas, nomeadamente por José Blanco. “Que vos vou dicir, por exemplo, da autovía Lugo-Ourense ou da que ía unir Chantada con Monforte”, preguntouse. “Pois que despois de unha década de promesas, aínda estamos sin elas”.
O cabeza de lista ó Senado por Lugo non deixou pasar tampouco a oportunidade de referirirse “o cabreo” que ten o alcalde de Lugo e a vicepresidenta da Deputación por ter que pagar unha multa de 200 euros “por facer o que non debían, por incumprir a lei electoral como así recoñece a xunta electoral provincial”.
Neste senso Barreiro indicou que os socialistas “parecen sentirse por riba do ben o do mal”. “Hai ministros que non dubidan en converterse en inquisidores, obviando o papel da xustiza, pero que cando el se converte en acusados, ademais de non asumir responsabilidades nin dar explicacións, acordanse, agora si, de apelar á presunción de inocencia; e hai outros cargos que non dubidan en empregar as institucións para facer uso partidista delas, como é o caso da Deputación de Lugo. Os socialistas, e ós feitos me remito, teñen unha vara de medir distinta para eles e para os demais”, concluiu.