Partido Popular de Lugo

O PP recoñecerá “por lei” en todo o país a autoridade dos profesores no exercicio da súa actividade docente

Lugo, a 5 de novembro de 2011.- A comisión de educación do Partido Popular, presidida por Manuela López Besteiro, mativo un encontro en Lugo para valorar pormenorizadamente o programa electoral co que Mariano Rajoy concurre á vindeira cita electoral do 20-N.

Os populares consideran a este respecto que o programa recolle os “compromisos pendentes” que tiña o sistema educativo neste intre. Unha apreciación coa que tamén coincide o cabeza de lista ó Senado José Manuel Barreiro, quen tamén asistiu á xuntanza. “A educación é futuro, e hai que investir no futuro, apostar por unha educación obrigatoria pública e de calidade e neso estamos”, explicou Barreiro.

Así, os populares salientaron que recolle a consideración “por lei” do profesorado como autoridade pública no exercicio da docencia. Aspecto, que segundo puntualizaron, “xa está establecido en Galicia”.

Aposta pola “xeneralización” dos centros bilingües e trilingües naquelas comunidades autónomas con lingua propia; porque os pais teñan liberdade para elexir a lingua vehicular na que estudarán os seus fillos e por homoxeneizar as materias curriculares em todas as comunidades autónomas para garantizar que todos os alumnos, independentemente de onde vivan, teñan uns coñecementos mínimos comúns en aspectos tan importantes como a historia, a xeografía ou o castelán.     

Os populares tamén valoraron “positivamente” que no programa electoral se opte por unha nova visión da Formación Profesional, cunha concepción dual, semellante á que se aplica en Alemaña, e que implica que os alumnos compaxinen dous tipos de aprendizaxe, o que reciben nos centros e nas empresas; e mesmo que se aumente un ano a duranción do bacharelato.

Asimesmo consideran “decisivo” que respalde “sen fisuras” a valoración do esforzo e da capacidade, tanto dos alumnos coma dos profesores, e que se contemple a creación dun certificado de excelencia para os alumnos.   

A comisión de educación tamén “encontra acertado” que o programa de Rajoy “poña claro” a súa aposta pola ensinanza obligatoria pública e gratuita “de calidade” e, ó tempo, por unha rede de centros concertados que “garanticen a liberdade de elección de centros por parte dos pais”.

A reunión da comisión de educación para valorar o progrma electoral popular celebrouse con antelación á que os seus membros mantiveron hoxe con Jesús Váquez e na que tamén participaron representantes do eido educativo de toda a provincia. 

No encontro de hoxe os orzamentos de educación para o 2012 foi un dos asuntos obxecto de análise. Uns orzamentos nos que, ademais de garantizar o mantemento dos centros educativos, contémplase o impulso de medidas que fomenten a calidade do ensino a través da potenciación dos centros trilingües, a posta en marha da rede informatica nos centros para a adquisición de coñecemos e mesmo a entrada en vigor dun novo plan de calidade.