Partido Popular de Lugo

O PP lamenta que algunhas forzas políticas segan empeñadas en tentar sacar rédito electoral de polemizar sobre a sanidade

Lugo, a 5 de novembro de 2011.- O Partido Popular non contribuirá a provocar inquedanzas innecesarias sobre un dos servicios públicos básicos para a poboación como é a sanidade, como si están a facer reiteradamente outras forzas políticas e sindicais na área sanitaria de Monforte.

O Partido Popular defendeu, defende e defenderá a prestación dun servicio sanitario público e de calidade e traballará, dende as responsabilidades que lle toca asumir en cada momento e institución, partindo desa premisa. E nesta liña, segundo aseguran, está a actuar a Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Sanidade.

Neste contexto, dende o Partido Popular, tras reiterar e reivindicar o desenvolvemento dun sistema sanitario público e de calidade, aseguraran taxantemente que non participarán en calesquera actuación ou acto que sexa convocada dende institucións, formacións políticas, sindicais ou de calquera outra índole que, lonxe de loitar pola sanidade pública, o que pretenda sexa confundir e crear dúbidas e incertidume entre a cidadanía non só sobre o mantemento en Monforte da prestación e atención sanitaria senón sobre a calidade do servizo que se presta.

Os populares son claros sobre este asunto e acusan directamente a outras forzas políticas de retomar a táctica de polemizar sobre a sanidade, cando non hai ningún dato obxectivo que poña en dúbida nin a continuidade nin a calidade da prestación deste servizo, xusto ademais cando se inicia unha nova campaña electoral, para tentan sacar rédito electoral como xa tentaron facer nas pasadas eleccións municipais.