Partido Popular de Lugo

A Fonsagrada volve a quedarse sen cuartel e sen traída de augas

A Fonsagrada, a 4 de novembro de 2011.- A traída de auga e o novo cuartel da Garda Civil de A Fonsagrada son “os mellores exemplos” das promesas que os socialistas fan unha e outra vez en campaña pero das que despois nunca acaban por cumprir. Así o asegurou á candidata ó Congreso Olga Iglesias, quen fixo estas declaracións acompañada do voceiro popular municipal Tobías Martínez.

Iglesias lembrou que foron moitas as iniciativas que presentou o Partido Popular no Congreso para interesarse por estes proxectos, polo plazo de execución e pola partida orzamentaria se lles consignaba. “Pero non serviu de nada”, dixo.

Así, segundo relatou, o novo cuartel despois de figurar varios anos nos orzamentos xerais do Estado “sen que chegaran a empregarse os cartos asignados” acabou por “desaparecer das previsións do Goberno sen dar ningún tipo de explicación”.

A traída de augas ten unha “historia semellante”, foise rebaixando a consiganación orzamentaria “que nunca se gastaba” e recentemente chegou a facerse o proxecto pero non “se moveu unha pedra”. Aínda que neste caso co agravante de que foi un compromiso adquirido directamente por José Luis Rodríguez Zapatero e José Blanco nunha visita realizada a A Fonsagrada.

“Esta é”, ironizou Iglesias, “a sensibilidade que amosan os socialistas cos municipios da montaña lucenses que presentan importantes deficiencias na dotación de servizos básicos”, aínda que alertou de “aínda é posible que un ministro en funcións veña por aquí a dicir que desta volta si que vai, que en 2012, cuartel e traída de augas, serán unha realidade”.