Lugo, a 3 de novembro de 2011.- Os candidatos ó Congreso pola provincia de Lugo, tras facer varios balances da actuación do Goberno de Zapatero por diferentes comarcas da provincia, chegaron á conclusión de que os lucenses están fartos de promesas incumpridas.
Por elo, segundo indicaron hoxe Joaquín García Díez, Olga Iglesias e María Gómez Pallín, tras valorar a ringleira de vellas promesas incumpridas que José Blanco vai deixando ó seu paso pola provincia, chegaron á conclusión de que agora, a piques de que comencé a campaña electoral, “non é xa tempo de prometer senón de resolver”.
E, neste contexto, están convencidos de que os que foron protagonistas principais dos graves problemas económicos que asolan ó país, non serán os chamados a solucionalos o vindeiro 20-N.
Na súa opinión que o cabeza de lista dos socialistas ó Congreso vaia á Mariña e fale da “inminente finalización” da autovía do Cantábrico e “do inminente inicio” do tramo estatal do corredor, dúas actuacións que en sete anos de goberno de Zapatero, e dous no que el como ministro “o fixo todo”, non foron capaces de levar adiante; que despois vaia a Monforte e fale “da inminente aprobación do proxecto da A-76 e da inminente contratación dos traballo”, cando leva máis dunha década, “incluso cando aínda non era ministro pero dicía mandar máis que un ministro”, e anuncie o inicio “inminente” da construcción; e acabe en Lugo, insistindo en que o fixo todo “pero quedando todo por facer”, é, en opinión dos populares, “un despropósito de magnitudes inimaxinables”.
Pero para os populares o máis importante e significativo de Blanco non é o que di, “que xa está gastado de tanto dicilo e, por conseguinte, resulta ata irrelevante”, senón o que non di. “Do que non fala é o verdadeiramente interesante e importante”, aseguraron.
“Non fala do AVE a Lugo, no fala da autovía a Ourense, a Santiago, da autovía Chantada-Monforte… nin sequera do Cetal ou do aeroporto de Rozas, ós que antes tanto aludía”, explicaron. “Parece que non deixou todo feito”, ironizaron.
E tampouco fala “nin na Mariña, nin na Zona Sur nin sequera en Lugo”, segundo engadiron, “do que toda España agarda que diga algo e sobre o que toda España agarda que faga algo”.
“Todos esperábamos que alguén tan dado coma el a prexulgar e a dar mediciñas a aqueles ós que poñíaselle en cuestión a súa honorabilidade fose consecuente e coherente con esa magnánima postura e actuara en consecuencia. Pero neste caso a verborrea brila pola súa ausencia e a asunción das responsabilidades políticas que delo se derivan parece que non as contempla. Conductas como estas son as que fan que moitos cidadáns nos metan a todos os políticos no mesmo saco e nos consideren o terceiro gran problema que ten este país”, puntualizaron.
A este respecto García Díez preguntoulle a José Blanco “de cabeza de lista a cabeza de lista”, qué lle diría e qué lle pediría ó Partido Popular “se na situación na que se atopa el, estivera eu”.
CORTES DE VOZ DE JOAQUÍN GARCÍA DÍEZ NA SECCION SONS