Partido Popular de Lugo

Iglesias: “nin segunda fase do polígono nin encauzamento dos ríos. Promesas incumplidas, esa é a herdanza que deixan os socialistas en Sarria”

Sarria, a 31 de outubro de 2011.-  “A pegada que o Goberno de Zapatero, Rubalcaba e Blanco deixan en Sarria únicamente pode medirse enunciando os seus incumprimentos”. Así  o asegurou hoxe Olga Iglesias, candidata popular ó Congreso, quen puxo coma exemplo a segunda fase do polígono de O Mourelle “do que só hai un cartel deslucido polo paso do tempo”.

Iglesias, que compareceu acompañada polo deputado autonómico José Manuel Balseiro e polo alcalde sarriano José Antonio García, puxo de manifesto o “grave perxuizo” que para o desenvolvemento de Sarria conleva a paralización desta infraestructura porque neste intre non pode acoller a instalación de novas empresas porque carece de chan industrial disponible. “E non están os tempos para desaproveitar oportunidades”, dixo, “e menos aínda para deixar pasar a ocasión de crear postos de traballo”.

Segundo indicou Olga Iglesias, o goberno central nin sequera dedactou o proxecto para acometer a ampliación deste polígono a pesares de que os orzamentos do Estado prevía unha partida de algo máis de 14 millóns de euros repartirda en tres anualidades, 2011, 2012 e 2013 coa “circunstancia curiosa” de que o Goberno nunca fixou a data de inicio das obras. Para a candidata popular esta circunstancia “enmascara unha modalidade de engano inadmisible”. “Establecese unha consignación orzamentaria que non se vai a executar como o mesmo goberno recoñeceu  á raíz das iniciativa que presentei no Congreso para interesarme sobre a marcha deste proxecto”, explicou. En parecida situación se atopa o encauzamento dos ríos Sarria e Celeiro. Aínda que neste caso si hai un proxecto redactado, non se introduciron as modificacións solicitadas polo Concello para evitar os problemas que o seu diseño inicial causaría ó barrio das Insuas. 

A conclusión, segundo indicou Iglesias, é que das actuacións pendentes non hai nada feito “nin sequera un prazo para facelo”. “Pero pode que o ministro Blanco”, ironizou a representante popular, “pase un día destes por Sarria e as prometa para a próxima lexislatura porque eso é, ó fin, o que está a facer durante o seu periplo por diferentes puntos da provincia onde, como en Sarria, nada do que se prometeu está feito”.

“Pensará don José Blanco que os sarrianos ou os lucenses en xeral non se lembran de que fai sempre as mesmas promesas cada vez que se achegan unhas eleccións”, preguntouse.

Os representantes populares enfatizaron que “non hai nada que os sarrianos lle poidan agradecer ós socialistas”. “Non só deixan a España na peor situación económica posible senón que se empeñan en seguir negando a súa responsabilidade nesta desfeita”, explicaron.

“É evidente, e os gandeiros e agricultores lucenses así o perciben e o sofren, que o goberno do Estado lle deu as costas ó sector primario deste país”, engadiron. “Na nosa provincia a actividade gandeira, fundamentalmente a leiteira, é un dos nosos pilares económicos pero nestes últimos oito anos todo foi a peor. É preciso un cambio para colocar a este sector no lugar que lle corresponde e que poida recuperar así o peso específico que nunca debeu perdeu en Europa. Mariano Rajoy comprometeuse a loitar por elo, dixoo ben claro o pasado venres en Lugo, e nós temos que axudalo para que poida facelo”, concluiron.