Partido Popular de Lugo

O PPDEG PIDE NO PARLAMENTO A CONTINUIDADE DAS RUTAS AGROALIMENTARIAS EN GALICIA MAIS ALÓ DO PECHE DO PROXECTO COMUNITARIO NO 2012

Santiago de Compostela, 30 de  outubro   de 2011.-  O PPdeG ven de presentar no Parlamento unha iniciativa encamiñada a realizar cantas accións sexan necesarias para apoiar a continuidade das rutas agroalimentarias en Galicia mais aló do peche do proxecto comunitario en marzo do 2012. Estas son  itinerarios que se están a desenrolar na nosa Comunidade e que  teñen como obxectivo fundamental a creación dun instrumento estable de cooperación público-privada para promover os recursos agroalimentarios, turísticos e patrimoniais dos territorios ou nodos piloto de actuación.

Este proxecto se desenvolve no marco do proxecto Cantata 2 e está financiado polo Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico, iniciándose os traballos a finais do ano 2009 e as actuacións enmarcadas vanse desenvolver ata marzo do 2012. Para a voceira de Montes do PPdeG, Emma Álvarez Chao “trátase dun instrumento co que Galicia pretende contribuír ao desenvolvemento integral do noso medio rural mediante un maior aproveitamento do seu potencial local agroalimentario e turístico e a mellora da competitividade das súas pemes, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e á diversificación económica polo que é necesaria a súa continuidade mais alá do 2012”.

A ruta agroalimentaria constitúe un plantexamento turístico entorno as zonas xeográficas definidas previamente que abarcan concellos dunha Denominación de Orixe Protexida ou Indicación Xeográfica Protexida determinada e outros cuxa forma de producción sexa tradicional, “de forma que o turista poda viaxar polo destino dun compoñente da ruta a outro, gozando do noso patrimonio natural, cultural, histórico e gastronómico” indica voceira de Montes do PPdeG. 

Na actualidade os productos que vertebran estas rutas son os queixos con Denominación  de Orixen Protexida: San Simón, Tetilla, Arzúa-Ulloa e Cebreiro, as Indicacións Xeográficas Protexidas da mel e a castaña de Galicia e as aves de corral criadas tradicionalmente como o capón de Vilalba, o galo de Vila de Cruces e a galiña de Mos.

FABA DE LOURENZÁ.- Así mesmo, Emma Alvarez pide na Proposición non de Lei rexistrada recentemente estudiar a inclusión de novas rutas agroalimentarias noutras zonas xeográficas de Galicia con Denominacións de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida e nomeadamente a Mariña Lugesa que abarca a zona de influencia da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.  

A deputada popular considera que este proxecto integral de recursos agroalimentarios, turísticos, culturais e patrimoniais en diferentes territorios pilotos de actuación “contribuirá de forma decisiva ao desenvolvemento económico-social do rural galego”. “E o proxecto, cofinanciado polo FEDER, ten previsto o seu remate o 31 de marzo de 2012 polo que é imprescindible facer todo o posible para que poida seguer recibindo fondos mais aló desas datas máxime tendo en conta a situación actual de crise pola que esta a atravesar o medio rural  e a oportunidade que suporía para as empresas e os procesos productivos que teñen lugar no seu seno na nosa Comunidade” segundo Alvarez Chao.