Partido Popular de Lugo

O PP de Burela convoca unha asamblea de afiliados e simpatizantes para o día tres de novembro

Burela, a 29 de outubro de 2011.- O comité local do PP burelès vèn de convocar unha asamblea de afiliados e simpatizantes para o vindeiro xoves, día tres de novembro, ás oito da tarde, na antiga biblioteca burelesa, co fin de ultimar os detalles da campaña electoral do 20 de novembro.

Durante a asamblea, daranse a coñecer á militancia do partido as liñas bàsicas do traballo a desenvolver durante a campaña, así como os distintos actos públicos que se levarán a cabo.

Desde o comité local do partido, queren deixar constancia de que desde hai semanas se vén traballando xa na organización da campaña electoral, así como no propio deseño do traballo interno a desenvolver. Por exemplo, realizáronse oito reunións con veciños noutros tantos locais de Burela; está a funcionar a comisión de coordenación interna, e tamén se constituiu e está a funcionar o comité de campaña.

Por outra banda, o PP burelés está a concluir a organización dos axentes electorais que participarán de forma activa durante a campaña electoral. Nas eleccións municipais os populares bureleses movilizaran a un total de cincuenta e cinco axentes electorais e para esta próxima cita electoral confìase en que alomenos esta cifra se manteña.