Monforte, a 29 de outubro de 2011.- “O ministro de Fomento vén a Monforte a facer o que fai sempre, a prometer pero sen dar prazos”. Esta é, en opinión da candidata ó Senado Julia Rodríguez, a “única conclusión que pode sacarse” despois de que continúe dándolle voltas á autovía Ponferrada-Monforte, “da que nos leva falando máis de dez anos”.
A candidata popular e voceira do grupo municipal considera “inadmisible” que José Blanco tente “desentenderse” do retraso que acumula este proxecto. Segundo indicou, o que fai falla é vontade política, consignar partidas orzamentarias e mesmo facerlle caso ós acordos que se adoptan en sede parlamentaria.
Segundo Rodríguez Barreira, a estas alturas “ninguén cree xa” que esta autovía “aínda non esté iniciada” por culpa do tramo que discurre pola Serra de Lastra e que, dada a súa condición de parque natural, require unha consideración e protección especial.
De feito, “todas as autovías deste país adxudicáronse por tramos e nunca de xeito conxunto. Algo lóxico, de sentido común e de fácil comprensión, posto que a ninguén se lle escapa que unha obra destas características, pola súa envergadura e custo, execútase en varias anualidades”. “Pero a A-76”, engadiu, “se nos ceñimos ás veces que José Blanco anuniciou en Monforte que ía iniciarse de xeito inmediato, xa poderíamos circular por ela hai moitos anos”.
En calquera caso, para a representante popular, Blanco, xa que tan disposto está, “cando menos de palabra”, a fomentar a colaboración institucional, tería que ter dado exemplo dentro do seu propio ministerio.
Julia Rodríguez referiuse neste punto ó convenio que ven de asinar co Concello de Monforte para a construcción “sen prazo de execución” dunha nova ponte sobre o río Cabe “xa comprometida hai máis de dous anos”. Así, segundo explicou, “dado o seu desexo de blindar este proxecto”, é unha lástima que desaproveitara tantos meses para estampar a súa sinatura que a finais de 2009 comprometeu para principios de 2010. “A realidade é que firmouno a finais de outubro de 2011, a menos dun mes das eleccións”, apuntillou.
No tocante á inclusión de Monforte como nudo ferroviario do tránsito de mercadurías, Rodríguez Barreira congratulouse da decisión adoptada pola Comisión Europea “porque as boas noticias sempre son ben recibidas” pero preguntouse se esto significa que Fomento renunciou definitivamente a que a cidade do Cabe teña tren de alta velocidade.