Partido Popular de Lugo

Joaquín García: “Os agricultores e gandeiros están peor hoxe que en 2004, ese é un feito obxectivo”

Vilalba, 28 de outubro de 2011.- “Falla de compromiso co sector agrícola e gandeiro, ningún problema resolto e pouco, por non dicir ningún, peso político na Unión Europea”. Este é, ó entender dos populares, a herdanza  que recibirá o goberno que se conforme tras as eleccións do 20-N no eido do sector primario. Así o aseguraron hoxe en Vilalba os candidatos populares ás cámaras nacionais Joaquín García, Jaime de Olano e Armando Castosa durante unha comparecencia na que estiveron  acompañados polo deputado autonómico Agustín Baamonde.

“Un pésimo panorama para un dos sectores estratéxicos da nosa provincia que desgraciadamente está moito peor agora que en 2004”, recalcou Joaquín García.  Neste contexto, o cabeza de lista ó Congreso recomendoulle á ministra Rosa Aguilar que “antes de marcharse” deixe resolto o reparto das 300.000 toneladas de cuota láctea que están sen distribuir “porque eso melloraría un pouco as condicións nas que se atopa os gandeiros lucenses”. 

 “Os socialistas criticáronnos moito cando nos amosamos contrarios á creación dun fondo de reserva de cuota láctea nacional, pero agora resulta que o ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino ten  paralizado o reparto de nada máis e nada menos que 300.000 toneladas de cuota, co perxuicio que eso supón para o sector”, engadiu.

Para os populares, o “desinterese” amosado polos socialistas co sector primario fixose patente cos sucesivos recortes orzamentarios que se lle adicaban e coa reconversión de ministerios, que situou ó medio ambiente, á gandeiría e á pesca “baixo un mesmo parauguas que non serviu para protexer os intereses dos afectados”.

Neste punto os populares salientaron que, de asumir o PP o goberno do Estado tras os comicios, a intención de Mariano Rajoy é crear un ministerio de Agricultura “con pefil propio, porque no Partido Popular somos plenamente conscentes da importancia que este sector ten na nosa economía”.

Para os representantes populares era perentorio, por exemplo, que os gandeiros se lles garantizara a súa capacidade de negociación no mercado pero “o goberno socialista chegou tarde e mal mentres que noutros países, como Francia, fixábase unha norma que obrigaba a formalizar contratos lácteos entre as industrias e os ganadeiros”.

Segundo explicaron, o goberno socialista optou por rexeitar a proposta “sensata” feita a este respecto pola Xunta de Galicia e “tarde” aprobou un decreto “que xa naceu hipotecado porque deixaba ós gandeiros indefensos fronte a industria e a distribución”.

E por se esto non fora suficientemente grave, os centros de decisión do mercado leiteiro alonxáronse do noso país pola “inacción e inoperancia de Zapatero e a súa ministra para negociar unha reforma da PAC na que se defenderan os intereses dos nosos agricultores e ganadeiros.

O exemplo máis sangrante e a venta do grupo Puleva ó francés Lactaris. “Unha nova oportunidade perdida para consolidar o noso sector lácteo”, enfatizaron os candidatos populares, que coincidiron na idea de que, para Lugo, dada a importancia do sector gandeiro, é fundamental ter en Madrid un goberno sensible e comprometido cos homes e mulleres do campo. “E Rajoy está comprometido con elo”, concluiron.