Chantada, 27 de setembro de 2012.- A cabeza de lista dos populares lucenses, Raquel Arias e a número cinco da lista por Lugo as eleccións Autonómicas, Susana López Abella fixeron esta mañá balance da lexislatura na comarca de Chantada.
As populares destacaron os máis de 45M€ que o Goberno da Xunta de Galicia investiu nesta comarca e fixeron especial fincapé no Departamento de Javier Guerra que con preto de 24M€ foi o de maior achega económica.
“O Goberno de Núñez Feijóo, preocupado e interesado polo crecemento económico e empresarial de Chantada, destinou máis de 21 M€ para a promoción empresarial a través das axudas do IGAPE e foron preto de 2 M€ os que investíu en subvencións do INEGA, infraestructuras eléctricas e enerxías renovables. Tamén as axudas ao comercio para comercios superaron os 538.000 euros”-manifestaron as populares lucenses.
Tiveron moi presente tamén Raquel Arias e Susana López Abella a Consellería do Medio Rural e Mar, quen puxo a vista en Chantada, destinando a agricultores e as súas explotacións agrarias máis de 1.64M€, unha importante inversión levada a cabo a través do Fondo Galego de Garantía Agraria e destacron os 8 proxectos e axudas para o desenvolvemento e modernización do rural da comarca, dos que se beneficiaron máis de 150 agricultores.
No que atinxe a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, as populares afirmaron que o departamento de Agustín Hernández destinou máis de 1.9 millóns de euros para acondicionar, manter, conservar e mellorar as estradas da comarca.
Con respecto a Consellería de Traballo e Benestar, o investimento efectuado para a creación de emprego na comarca reflectiuse a través dos plansde cooperación, nosque a Xunta de Galicia investiu máis de 1.8 M€ nos tres concellos da comarca, sendo 162 as persoas contratadas grazas a estas axudas.
Afirmaron Arias e López Abella que o Goberno de Feijóo incrementou nun 433,63% as persoas atendidas na comarca e destacaron os máis de 100.000 euros que destinou a Secretaría de Igualdade para o mantemento do Centro de Información a Muller.
Concluiron as populares manifestando que o Goberno de Núñez Feijóo, foi o Goberno da solvencia, control do déficit público, a blindaxe dos servizos sociais e do reequilibrio territorial, o que mostra a diferenza con respecto ás políticas dos Gobernos bipartitos.