Partido Popular de Lugo

O PP amosou a súa “fonda preocupación” pola violencia exercida contra as mulleres

Lugo, a 18 de outubro de 2011.- No foro aberto sobre violencia contra as mulleres organizado polo Partido Popular de Lugo púxose de manifesto a “fonda preocupación” que xenera a violencia que se está a exercer contra as mulleres e que no que levamos de ano acabou coa vida de 51, dúas delas en Galicia.

No encontro, na que expertas no ámbito da lexislación, os recursos sociais, a psicoloxía e a seguridade aportaron a súa particular visión sobre esta lacra social, indicouse que no primeiro semestre do presente ano adoptáronse en Galicia medidas de protección para 907 mulleres, (153 na provincia de Lugo), o que supón, en comparación co mesmo período do pasado ano, 239 casos máis.

No acto, inaugurado pola delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias, avogouse pola “tolerancia” cero contra calquer acción violenta que se exerza contra as mulleres e pola concienciación e a educación como ferramenta para loitar contra ela.

Incidiuse asimesmo nos programas de axuda e apoio ás víctimas postos en marcha pola Xunta, xa que, entenden os populares, que é preciso dar a coñecer a sociedade en xeral, e as mulleres en particular, os recursos que as administracións poñen a disposición das víctimas da violencia de xénero.

A este respecto, indicouse que máis dunha veintena de lucenses perciben axudas económicas, que 285 persoas, maioritariamente mulleres, participan en programas de atención psicolóxica; que durante o primeiro semestre 23 mulleres beneficiáronse na provincia de Lugo de accións encamiñadas a facilitar a súa inserción laboral e que outras tantas obtiveron facilidades para acceder a unha vivenda en aluguer.