Partido Popular de Lugo

A Xunta local de NNXX reunirase coas asociacións xuvenís da cidade

Lugo 18-10-2011. A xunta local de NNXX de Lugo iniciará unha rolda de contactos coas diferentes asociacións xuvenís da cidade. Así o puxo de manifesto o seu presidente, Jacobo da Silva, tras manter unha xuntanza coa secretaria xeral da organización político xuvenil vinculada aos populares, Mar Carballas, e co vicesecretario de Distritos, Edgar Casanova. A reunión tivo como motivo sacar adiante a iniciativa.

A pretensión das reunións propostas polos mozos de Novas Xeracións é a de “coñecer todas e cada unha das asociacións de ámbito xuvenil”, explicou Jacobo da Silva. Estas reunións, segundo o presidente local, “permitirannos establecer unha relación directa e de traballo con cada organización”. 

Neste senso, Da Silva subliñou «que esta será unha boa vía para coñecer as inquedanzas e a forma de traballar das asociacións, e poder así colaborar e interactuar con cada unha de elas». Esta proposta de contacto entre Novas Xeracións e o resto de asociacións xuvenís da cidade foi posta en coñecemento da concelleira de Xuventude do grupo popular, Raquel Castiñeira, por parte dos xóvenes do partido.