Partido Popular de Lugo

Vega e os mozos populares de Guitiriz analizan a problemática que rodea á xuventude

Guitiriz 14-10-2011.-O presidente provincial de Novas Xeracións da provincia de Lugo, Daniel Vega, manterá unha xuntanza con mozos do Partido Popular da localidade para analizar a situación que rodea á xuventude de Guitiriz. O foro, organizado baixo o lema, Un mozo, unha promesa, terá lugar esta noite, ás 21:30 horas, no Restaurante A Casilla.

 

 

No acto estarán presentes a presidenta local de Novas Xeracións de Guitiriz, Catarina Blanco, e demais membros da executiva, xunto co rexedor local na localidade chairega, Xosé María Teixido.

 

 

Durante a xuntanza, os mozos populares debatirán sobre emprego, emprendemento, acceso á pequenas e medianas empresas e sobre políticas relativas a adquisición de vivenda por parte dos máis novos. O tema universitario tamén será un dos puntos centrais do foro de debate.

 

 

Está xuntanza está enmarcarda dentro dun periplo de reunións que o presidente provincial de Novas Xeracións pretende manter cos mozos das distintas xuntas locais da agrupación políticas na provincia de Lugo, para coñecer así de primeira man as opinións do máis novos e poder transladarllas ao Partido Popular.