Partido Popular de Lugo

O Partido Popular organiza o día 18 un foro aberto sobre a violencia contra as mulleres

Lugo, a 14 de outubro de 2011.- O Partido Popular de Lugo constituirá a vindeira semana unha nova comisión, centrada neste caso na Muller, que o martes iniciará a súa andaina coa celebración dun foro adicado á violencia de xénero contra as mulleres.

O PPdeLugo xa promovera un encontro convocado baixo lema “Muller en tempos de crise” no que participara a secretaria xeral dos populares María Dolores de Cospedal pero os seus responsables entenden que a importancia e influencia da muller en todos os ámbitos da sociedade require o establecemento dun espacio propio e continuado de análise que non se circunscriba a actuacións ailladas.

Deste xeito, esta será a cuarta comisión conformada polos populares lucenses, tras as xa activas de Asuntos Sociais, Sanidade e Educación, e que teñen coma obxectivo converterse en foro aberto de estudo e debate sobre os seus correspondes ámbitos de actuación.

Uns foros que responden a unha dobre función. Por unha banda, servir de esceario para que os profesionais dos diferentes sectores implicados poñan en común as súa experiencia e, en base a ela, xurdan propostas de actuación encamiñadas a mellorar a prestación dos servizos e mesmo a súa propia actuación laboral; e por otra, que as conclusións e iniciativas resultantes desa análise sexan empregadas pola formación política como punto de partida para a presentación de iniciativas nas diferentes cámaras de representantes ou directamente sexan trasladadas ós máximos responsables políticos engardados de xestionar esas áreas de actuación.

Trátase, en definitiva, de servir de ponte para que o sentir dos profesionais, tanto á hora de introducir melloras como de solventar os problemas que xurdan no día a día do exercicio da súa profesión, cheguen de primeira man ás administracións; e tamén de que os propios responsables da administración expliquen directamente as actuacións que están a levar a cabo ou lles adelanten os programas ou actuacións que pretenden poñer en marcha.

Con este novo foro aberto de debate sobre a muller previsto para o vídeiro día 18 o PPdeLugo adiantanse a conmemoración do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres fixado para o 25 de novembro.

No encontro analizarase a violencia contra as mulleres dende diferentes perspectivas. Así, a deputada autonómica Paula Prado falará dende o punto de vista lexislativo; Begoña Riveira, directora do Centro de Emerxencias para víctimas de violencia da Xunta centrarase nos recursos sociais que se poñen a disposición das agredidas; a psicóloga María Filomena Garrido incidirá en cómo identificar este tipo de violencia e cómo superar as secuelas que causa, e a tenente da Garda Civil Mar Hinojosa referirase á actuación das forzas e corpos de seguridade neste tipo de casos.