Santiago, 04 de outubro de 2011.- Na Comisión de Pesca e Marisqueo que tivo lugar esta mañá no Parlamento galego prosperou a iniciativa impulsada polo deputado popular Jose Manuel Balseiro, solicitando á Xunta a creación dunha mariña seca e un espazo de garda contra as inclemencias climatolóxicas no porto de San Ciprián. Máis en concreto, o acordo final, acadado por unanimidade das tres forzas políticas parlamentarias, empraza ao ente público autonómico Portos de Galicia, a executar estas actuacións “antes de finais do ano en curso, en decembro do 2011”.
AMIGOS DO MAR.- O deputado popular e primeiro tenente de alcalde do Concello de Cervo, Jose Manuel Balserio, felicitouse por esta decisión e sinalou que deste xeito o Parlamento está a facerse eco dunha demanda dos usuarios do porto –con pequenas embarcacións pesqueiras e recreativas- e, nomeadamente, dunha aspiración capitaneada polos dous centenares de socios do recentemente constituído Club Náutico Amigos do Mar de San Ciprián.
Jose Manuel Balseiro indica que o procedemento a seguir sería a reordenación dos actuais espacios portuarios de tal xeito que, entre outras, poidan albergar esta mariña seca, isto é, unha zona de varada das embarcacións para poñelas en seco, para resgardalas da resaca ou dos golpes de mar, ou tamén para efectuar nela operacións de arranxo, mantemento ou limpeza. De feito, parte da explanada onde se atopaba a antiga nave de lonxa, é xa un espazo ideal para albergar a mariña seca e pode ser habilitado dun xeito sinxelo, para darlle cabida alí ás embarcacións naúticas e recreativas existentes. Ademais o porto xa dispón dunha grua que facilitaría a súbida das embarcacións ata a zona de varada.
REXEITADA EMENDA DO PSOE.- O acordo final, acadado por unanimidade, non contempla a emenda do PSOE que foi rexeitada. Balseiro non aceptou incorporala xa que os socialistas condicionaban o proxecto a que aparecera unha partida orzamentaria específica no 2012. A devandita petición era de todo xeito improcedente máxime cando suporía un retraso considerable na execución da obra, xa que o PP e a acordo final contempla iniciar a construción da mariña seca e da zona de garda antes final deste ano.