Lugo, 2 de outubro de 2011.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que “moito dixeron que as anteriores municipais foron como unhas xerais pero eu vos digo que as próximas xerais serán como unhas municipais”. Así mesmo indicou que “e teremos que, con menos recursos que nunca, afrontar mais problemas que nunca porque temos moitas cousas que facer e moitos problemas por resolver”.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que fronte a este Goberno do que “xa non merece máis a pena nin mirar, nin escoitar nin esperar nada máis”, o Partido Popular “ten que representar o auténtico cambio”.
De feito, dixo que o do PSOE foi o Goberno no que “cada mes dicían que ao seguinte sería o da recuperación e o do final do par, o que non ten nin unha promesa nin compromiso que cumprira en prazo, o que prometeu o AVE para 2009, para 2012 e 2015 mentres seguen aprazando trámites e o dos recursos continuos contra a responsabilidade de Galicia”.
Para Feijóo, a clave do éxito dun bo goberno reside na combinación de “ideas, dedicación e compromiso” que, para el, da como resultado a “coherencia”. Segundo afirmou, o contrario da coherencia “chámase Partido Socialista”, xa que son quen de “criticar durante anos que o PP defenda a estabilidade e a rigorosidade para logo fixar este criterio na Constitución”.
Así mesmo, engadiu que a falla de coherencia socialista queda reflectida cando “votan en contra de que Galicia fixe un teito de gasto e tamén votan que este estea reflectido no Estatuto”. Do mesmo xeito, afirmou que inciden neste concepto cando “din que baixar impostos é de esquerdas e logo din que subir impostos é de esquerdas”.
En palabras do dirixente popular, mentres no PSOE “din que queren reestruturas as caixas para protexelas despois fan que tal e como as coñecemos ata agora dicindo hoxe que o que era solvencia hai 15 días xa non o é”.
“Paralizan a venda de Loterías pola súa baixa valoración no mercado e, o mesmo día, deciden valorar as caixas”, aseverou. “Ninguén sabe con exactitude cal é o itinerario que colleu o PSOE para reestruturar o modelo financeiro, porque o que realmente está trazando é un laberinto”.
Segundo referiu Feijóo “a súa incoherencia constante ten feito un dano irreparable”, aínda que “Galicia seguirá polo mesmo camiño que leva seguindo dende o primeiro día: esquivando tódalas minas postas polo PSOE e loitando para que manteñamos unha entidade financeira, dirixida por un galego, e comprometida por escrito cos intereses económicos e sociais dos galegos”
EXISTE UNHA ALTERNATIVA.- No seo dun xantar mitin con simpatizantes e afiliados do PP de Lugo, o presidente dos populares galegos afirmou que “existe unha alternativa aos “enganos, autoenganos e a á división: o Partido Popular”.
Así dixo que “teremos que volver xerar confianza con políticas económicas, teremos que buscar unha nova política laboral, temos que tentar de manter o estado de benestar construído por todos e que eles case levaron á quebra e temos que pagar e temos que pagar cada km de autovía e de AVE que este Goberno fixo e deixou sen pagar”.
Do mesmo xeito indicou que “teremos que adelgazar a administración de órganos redundantes e sobredimensionados con políticas de austeridade”. En definitiva, “teremos que afrontar máis problemas que nunca con menos recursos que nunca”, aínda que “non me cabe dúbida de que seremos capaces cando gobernemos”.
O popular, que estivo precedido no uso da palabra polos presidentes local e provincial do PP de Lugo, aseverou que “por agora debemos amosarlle aos cidadáns que o vamos a conseguir” e, por iso, afirmou que “seguiremos mostrando dende a Xunta que hai un camiño alternativo” no que “austeridade, eficiencia, solvencia, rigor e garantías para manter as prestacións sociais” guían a acción do Goberno.
Por último indicou que “mentres eles van mostrar toda a súa capacidade de marketing, propaganda, publicidade, despiste e descualificación do PP nós debemos mostrar toda a nosa capacidade de programa, de propostas e de estar centrados no que hai que estar”. Por todo isto invitou aos presentes a “non desaproveitar unha ocasión histórica” para colocar a un galego, Mariano Rajoy, na Moncloa.