Partido Popular de Lugo

Barreiro: “No PP non somos sectarios, así que convidamos a José Blanco a que veña a Lugo a explicar qué fixo por este país”

 

Lugo, a 2 de outubro de 2011.- “No Partido Popular non somos sectarios, así que benvidos a todos ó San Froilán e moi especialmente o noso presidente Alberto Núñez Feijoo”.

O presidente do PPdeLugo calificou de “ironía da vida» que, dada a situación que está a atravesar España, o ministro de Fomento e número dous do PSOE durante oito anos, José Blanco, teña previsto visitar mañá Lugo para falar sobre crecemento e cohesión social.

“Nós“, segundo dixo José Manuel Barreiro, “imos recibilo con educación, coma sempre facemos, pero imos decirlle que no queremos o modelo que propoñen os socialistas, e o xeito que teremos de decilo será logrando un respaldo maioritario, como nunca houbo en Lugo e como nunca tivo el PP, o vindeiro 20 de novembro», explicou.

José Manuel Barreiro tamén apelou durante a celebración da tradicional pulpada popular do San Froilan, ó orgullo de formar parte da ampla maioría social que representa o Partido Popular e pediu “ós afiliados, simpatizantes e a todos os cargos electos” a súa implicación na vindeira campaña para que Mariano Rajoy sexa o novo presidente do país.

No encontro participaron centos de afiliados e simpatizantes do Partido Popular de toda a provincia, así coma o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo; os conselleiros de Presidencia e Sanidade, Alfonso Rueda e Pilar Farjas, respectivamente, entre outros responsables do goberno galego e cargos orgánicos e electos do partido coma o secretario xeral provincial José Manuel Balseiro.