As Nogais, 30 de setembro de 2011.- O PPdeLugo mantivo hoxe a terceira reunión comarcal preparatoria da vindeira campaña electoral. Fixoo en As Nogais e nela participaron os alcaldes e concelleiros da comarca da Montaña.
No encontro, o presidente provincial apelou á “credibilidade” e á “responsabilidade” como piares do discurso do Partido Popular en contraposición “ás mentiras e á irresponsabilidade da que seguen a dar mostras os socialistas”.
Para José Manuel Barreiro resulta “inaceptable” que o candidato socialista Alfredo Pérez Rubalcaba “se atreva a prometer que non tocará o salario dos funcionarios nin as pensións”. “E diceo o que foi vicepresidente do Goberno responsable de facer os recortes sociais máis duros de toda a etapa democrática, que por primeira vez na historia deste país rebaixou o sueldo ós funcionarios e que, incumprindo o Pacto de Toledo, conxelou as pensións”, enfatizou.
Para o líder dos populares lucenses Rubalcaba desacredítase a si mesmo e demostra que os socialistas seguen instalados na mentira. “Está claro”, dixo, “que con discursos coma este é preciso esixir responsabilidades ós cargos públicos que xestionan os rescursos de todos”. Neste senso, defendeu a pretensión do Partido Popular de poñer en marcha unha serie de medidas que garantan que os cargos públicos con responsabilidades de goberno non poidan asumir compromisos de gastos que carezan do pertinente respaldo orzamentario”.
Barreiro recalcou que “dadas as circunstancias nas que os socialistas deixan o país”, a xestión do novo Goberno central que saia das eleccións do 20-N, para sanear as contas públicas, estará abocado a acadar a excelencia na xestión, facer un control exhaustivo do gasto e “sobre todo” ser capaz de responder “con prontitude e eficacia” as eventualidades que se produzan.