Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2011.- O PPdeG, a través da súa voceira de Medio Rural, Isabel García Pacín, apelou hoxe á responsabilidade política para seguir atopando puntos de encontro ao respecto da Lei de Mobilidade de Terras “para que non teña que ser modificada como a aprobada fai 4 anos por non axustarse á realidade actual”. Por eso indicou que “o Grupo Popular, como xa amosou ao longo do percorrido deste proxecto de lei, ofrece diálogo e consenso coa idea de achegar posturas e incorporar emendas no seguinte trámite para a aprobación definitiva no pleno”.
A voceira popular indicou, no debate sobre o ditame da citada Lei na Comisión de Agricultura, que esta normativa “provocará unha maior axilidade e incentivará o movemento de terra en todo o territorio da Comunidade e non só nas zonas específicas que establecía a anterior lei do ano 2007”. Por elo instou ao BNG a mudar a súa postura de continuar a defender a lei aprobada fai catro anos “que non se axusta a realidade actual”.
García Pacín resaltou entre as novidades do proxecto de lei a eliminación do dereito de tenteo e retracto “que producía retrasos no proceso de transmisión de terras e inseguridade na compra venda de calquera parcela rústica de Galicia”. Así mesmo indicou a importancia de que o prezo das parcelas sexa un parámetro mais “pero que se terá en conta xunto co resto dos factores”. Tamén indicou que na anterior normativa do ano 2007 “se establecían zonas de especial interese agrario pero a nova Lei será de aplicación para toda a Comunidade galega ampliando así a súa base de actuación sobre toda a superficie con potencial e vocación agraria sen as discriminacións anteriores ”.
“Pola especial repercusión que terá no medio rural galego, polo éxito dos seus obxectivos e fins definidos, que xa noutras ocasións se perseguiron con dubidosos resultados,debería acadar o maior acordo posible pola responsabilidade política dos grupos parlamentarios para construír e aportar e non estorbar na procura do beneficio común” indicou García Pacín para quen “aínda temos oportunidade na aprobación definitiva, sempre que os grupos da oposición se acheguen ao diálogo nas súas propostas”.