Lugo, a 29 de setembro de 2011.- “Como é posible que o Goberno do Estado recorte ostensiblemente a súa consignación orzamentaria para servizos sociais, apremie ás CCAA a facer axustes e agora Pérez Rubalcaba se atreva a acusar ós gobernos autonómicos do Partido Popular de poñer en perigo o estado de benestar?”. A vicesecretaria de Relacións coa Sociedade do PPdeLugo fíxose esta pregunta hoxe durante a celebración dun foro aberto sobre benestar organizado pola comisión de servizos sociais da súa formación política.
Manuela López Besteiro puxo coma exemplo a Lei de Dependencia, “unha lei con moi boa intención pero aprobada sen a pertinente e necesaria memoria económica. “Ó Estado resúltalle moi doado obrigar ás comunidades autónomas a cumprir unha lei pero non se preocupa de aportar os cartos necesarios para elo”, dixo. Explicou neste senso que, pese a que Estado e CCAA teñen que financiar ó 50 por cento a súa amplicación, no caso de Galicia a realidade é que, dende 2004 ata hoxe, a Xunta aportou máis do 60 por cento e o Estado non chegou ó 40.
E esta situación, asegurou, pode extrapolarse a todo o ámbito da atención social, a todos os programas incluidos no plan concertado que, segundo recalcou, son servizos que “debería” confinanciar Estado e gobernos autonómicos. “Hai que dicir moi claramente que, pese os reiterados incumprimentos do Estado, e os recortes ós que obriga esta circunstancia e a propia crise económica, a Xunta está a garantizar a atención social”.
López Besteiro indicou que “os datos son explícitos” e así, reseñou que o Goberno central, en comparación con 2010, rebaixou este ano un 11,5 por cento os fondos adicados a atención á dependencia; case un 12% ó mantemento da rede básica de servizos sociais; un 28,3% a financiación adicada ós programas e servizos de apoio a familias e atendido de menores; un 43% o plan de acción para a discapacidade… “E directamente eliminou o cheque bebé ou os programas de educadores familiares e de orientación”, engadiu.
Neste contexto, calificou de “consecuente” a proposta que defende o seu partido de que no poderá aprobarse ningunha nova lei sen antes establecer “claramente” qué efectos e qué custos conlevará.
DECRETO SERVICIOS COMUNITARIOS.- Neste foro aberto de benestar Susana López Abella, secretaria xeral de Familia e Benestar, e Coro Piñeiro, directora xeral da Dependencia e Autonomía Persoal, deron conta ós educadores, traballadores sociais, personal de atención a domicilio e presidentes de asociacións relacionadas co ámbito dos servizos sociais que asistiron ó encontro das accións que está a desenvolver a Consellería de Traballo e Benestar.
Nun contexto de crise económica, que obriga a priorizar, reestructurar e reorganizar as actuacións que levan a cabo todas as administracións, as representates da Xunta avogaron pola coordinación e colaboración entre institucións e contextualizaron neste obxectivo o decreto que está a redactar a Consellería de Traballo e Benestar encamiñado a regular os servicios comunitarios. Unha planificación que, segundo indicaron, debe ser o punto de referencia a partir do cal se valoren as posibilidades de agrupamentos municipais para optimizar os recursos sociais, dado que pasarían por promover a concentración destes recursos non por concellos senón por áreas máis amplas.
Durante o encontro tamén saía a relucir a intención da Deputación de Lugo de construir varias residencias da terceira idade na provincia, unha iniciativa que o Partido Popular tachou dende o primeiro momento de “electoralista”.
As representantes do goberno galego fixeron constar, pola súa banda, que á Consellería “non lle consultaron sobre este asunto”, ó tempo que salientaron que a planificación das infraestructuras sociais é unha competencia da Xunta.