Barreiros, 23 de setembro de 2011.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro amosou a súa satisfacción polo paso decisivo que vén de acadar a solución posta en marcha pola Xunta que preside Alberto Núñez Feijóo para normalizar a situación urbanística de Barreiros e sinalou os efectos postivos que terá a recuperación da actividade neste concello e a posibilidade de que os compradores poidan escriturar as súas vivendas e os promotores sacar ao mercado as edificacións construídas, un desbloqueo que “paulatinamente irá extendéndose ao conxunto das urbanizacións paralizadas”.
AVAL XUDICIAL Á SOLUCIÓN DA XUNTA.- Balseiro considera que co arquivo definitivo dos procesos xudiciais a Xustiza está a avalar os pasos e a petición formulada polo Goberno galego poñendo fin ao furor denunciante iniciado pola anterior Xunta bipartita. O deputado insistiu en que daquela as razóns da paralización se baseaban “única e exclusivamente en criterios de persecución política, que lles levaba a actuar en Barreiros dun xeito totalmente distinto –porque había un alcalde do PP- ao como o facían noutros concellos veciños inmersos en similares problemáticas”. Significou que este parón –que data do ano 2008- tivo un impacto moi negativo na economía e no emprego da comarca, que agora pode “volver a reacuperarse en parte”.
DAR SOLUCIÓN ONDE OUTROS DEIXARON UN PROBLEMA.- O deputado popular salientou tamén que a Xunta está a cumprir o seu compromiso de dar solución, “desde o máximo respecto á legalidade vixente” a unha problemática que outros –en alusión a socialistas e nacionalistas- “xeraron por razóns políticas” e volveu a insistir en que en que fóra das intoxicacións que perseguen algún membros da oposición, nas medidas que está a adoptar os actuais responsables do Goberno galego, “que contan co máximo apoio do Partido Popular, non hai outro obxectivo que o de buscar a defensa do interese xeral, os mellores servizos posibles para os veciños deste concello”.
Balseiro insistiu finalmente en calificar como boa nova o arquivo definitivo das denuncias –decidido polos tribunais do contencioso administrativo a petición da Xunta- e sinalou o impacto socioeconómico positivo que esta medida traerá non só para o municipio de Barreiros, senón para a súa bisbarra e a provincia de Lugo.