Partido Popular de Lugo

A comisión de educación do PP cree que o incremento do horario lectivo é unha medida razoable e asumible

Lugo, a 28 de setembro de 2011.- A comisión de Educación do Partido Popular, presidida por Manuela López Besteiro, mantivo hoxe unha nova reunión de traballo para facer seguemento das accións que se fixaron como cometidos prioritarios, e que pasan pola recollida das inquedanzas transmitidas polo profesorado a raíz do inicio do curso escolar e por incrementar na súa xusta medida o prestixio dos ensinantes ó recoñecer que son un dos piares básicos sobre os que se asenta o sistema educativo.

Dende a comisión de educación consideran que o incremento do horario lectivo do profesorado non vai en detrimento da calidade educativa, máis ben ó contrario, conlevará una mellor atención ós alumnos. Recoñecen, eso si, que supón un esforzo engadido para os mestres aínda que, segundo matizaron, boa parte deles están dispostos a facelo en aras precisamente de que poida manterse, pese a ser época de crise e de recortes, a prestación deste servizo nos mesmos parámetros de calidade e incluso melloralos en aspectos coma a aprendizaxe doutras linguas ou no uso das novas tecnoloxías.

Entenden, en consecuencia, dende a comisión de educación do Partido Popular que incrementar dúas horas o horario lectivo é unha medida razoable e perfectamente asumible.