Partido Popular de Lugo

ALVAREZ CHAO: «OS MEDIOS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS MOSTRARON A SÚA EFICACIA E ESTE ANO ARDEU ALGO MENOS DA METADE DA MEDIA DOS ÚLTIMOS DEZ ANOS NA NOSA COMUNIDADE”

Santiago de Compostela, 27  de setembro  de 2011.-  A voceira de Montes do PPdeG, Emma Álvarez Chao, indicou hoxe no pleno do Parlamento, no balance presentado polo Conselleiro de Medio Rural sobre a campaña de máximo risco de incendios en Galicia que “os medios de extinción mostraron a súa eficacia e este ano ardeu algo menos da metade da media dos últimos dez anos na nosa Comunidade”. A deputada popular sinalou que como mostra desa eficacia foi “o tempo empregado en sofocar os lumes, reiterando as verbas do Conselleiro que en  4.364     lumes víronse afectadas 12.805    hectáreas, esto é mostra de efectividade e o demais é demagoxia e intento de politizar os incendios forestais con actitudes alarmistas como fai a oposición”.

“Unha superficie total queimada por lume inferior ás 3 hectáreas,  que o 70% dos lumes foran inferiores a 1 hectárea e que fora este o primeiro en 10 anos que non se rexistra ningún gran incendio forestal en Galicia son datos que nos levan a considerar satisfactoria a campaña de alto risco de incendios” indicou a voceira popular.

Emma Alvarez lamentou na súa intervención que os representantes dos partidos da oposición “traten de utilizar os incendios para facer lume político propio de partidos derrotados e carentes de ideas e os galegos e galegas teñen memoria e saben quen estaba ao frente do goberno nos dous anos que sobresaen drásticamente nas estadísticas da nosa comunidade, nos anos 1989 e 2006”. 

PÉSIMA XESTIÓN DA POLÍTICA FORESTAL NO  BIPARTITO.- Nese sentido indicou Alvarez Chao que “non podemos esquecer que a política forestal do bipartito na Xunta de Galicia baseouse en dúas etapas diferenciadas: por unha banda a etapa anterior ao verán do 2006 marcada polo abandono, o desprezo hacia o sector e o dispositivo, falando de despilfarros, acusando ao goberno do PP de  criminalizar a poboación, etc a pasar a darse conta, despois das 100.000 hectáreas queimadas, que había monte, incendios e que existían os incendiarios, tratando de xustificarse de formas inverosímiles ante a sociedade dos erros que cometeron  e que propiciaron a maior catástofe que vivíu o monte galego”. 

Álvarez Chao respostou tamén as críticas da oposición indicando que “falar de recortes no PLADIGA e como falar de creación de emprego por parte do Goberno socialista, xa que o PLADIGA 2011 mantén practicamente os mesmos medios, e por suposto a mesma eficacia,permitindo aforrar 3 millónes de euros das arcas públicas”.