Partido Popular de Lugo

O PPdeLugo amosou a súa “enérxica repulsa” ó ataque do que foi obxecto a casa natal de Manuel Fraga

Lugo, a 26 de setembro de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular manifestou hoxe durante unha rolda de prensa a súa “máis enérxica repulsa e rexeitamento” ó atentado do que foi obxecto a primeiras horas desta mañá a sede da Fundación Manuel Fraga en Vilalba.

Fixoo, segundo explicou José Manuel Barreiro, por “convicción democrática” xa que, segundo recalcou, “en democracia non se pode admitir ningunha outra vía que non sexa a establecida polos cauces de participación democráticas a través das institucións, e sobre todos aqueles que non admiten esas formas de participación debe caer todo o peso da lei”.

Barreiro indicou que, aínda que todo atentado é grave, neste caso concreto vese agravado polo feito de que leva aparellado un “simbolismo especial” posto que se trata da casa natal de Manuel Fraga. “Unha das persoas”, dixo, “ que máis ten feito neste país pola consolidación do estado democrático”, non só por ser un dos pais da Constitución senón tamén por ser o creador dun proxecto político que ten contribuido de xeito decisivo a que ese estado democrático tivese lugar.

“Atentouse contra a democracia e contra unha das persoas que máis ten feito neste país pola convivencia política dentro dun marco democrático”, recalcou.