Lugo, a 26 de setembro de 2011.- O senador lucense José Manuel Barreiro efectuou hoxe balance da súa actividade na Cámara Alta durante a lexislatura que vén de rematar. Fixoo, segundo dixo, porque considera que un político debe “rendir contas” ante á cidadanía á que representa unha vez concluido o período para o que foi elexido co dobre obxectivo de explicar o traballo desenvolvido e facer un exercicio de transparencia.
![]() |
No que atinxe ó primeiro aspecto, Barreiro indicou que durante este período defendeu un total de 461 iniciativas entre interpelacións, preguntas e mocións, nas súas diferentes modalidades. A maior parte de elas, relacionadas coa repercusión e o análise de diferentes aspectos económicos directamente vinculados coa súa función de voceiro de Economía do Grupo parlamentario Popular no Senado.
José Manuel Barreiro abordou a repercusión do déficit, o incremento do IVE, a suba dos precios, a baixada da venda de coches, o peche de empresas e a baixa de autónomos, a perda de postos de traballo, a capacidade exportadora do país, os informes publicados por diversos organismos nacionais e internacionais sobre a situación económica española e as medidas adoptadas polo Goberno ante a crise ou para conter o gasto público. Defendeu asimesmo as propostas realizadas polo Partido Popular para dar solución os problemas económicos do país.
A eles hai que sumarlle outras iniciativas relacionadas coas peculiaridades da provincia de Lugo. Preguntas sobre o grao de execución orzamentaria nos anos 2008, 2009 e 2010; sobre as dificultades económicas polas que están a pasar os productores lácteos, sobre o empeoramento da situación económica e empresarial na provincia, sobre o número de pensionistas afectados pola conxelación das pensións; sobre a deficiencia na prestación de determinados servicios públicos, como é o caso de Correos ou a Policía, así como mocións nas que se interesaba sobre o estado e prazos para a chegada do AVE a Lugo e a execución das autovías, polo establecemento de mecanismo de coordinación entre Xunta e Estado para cofinanciar as axudas necesarias para compensar os danos causados polas inundacións na comarca da Mariña o pasado ano ou mesmo instando ó inicio das negociacións con Alcoa para abrir ó tráfico comercial o dique norte do porto de San Cibrao, algunhas das cales non chegaron a tratarse polo adianto electoral.
Barreiro indicou que é o senador galego que máis intervencións tivo no Senado a excepción de José Manuel Pérez Bouza que, segundo puntualizou, é o único representante co que conta o BNG na Cámara Alta.
DECLARACIÓN DE BENS.- Durante a súa comparecencia, tamén se referiu á declaración de bens e rendas do que os senadores dan conta no intre de incorporarse ó seu posto e que este ano é de acceso público a través das páxina web do Senado.
José Manuel Barreiro, tras indicar que a medida lle parecer acertada en aras de ofrecer a maior transparencia posible á actividade política e “evitar así que xurdan suspicacias mal intencionadas”, matizou que o verdadeiramente importante, precisamente para que non se xeneren dúbidas sobre a procedencia do patrimonio dos cargos electos, é comparar as súas pertenencias cando chegan e cando se van das institucións.
A este respecto, tras poñer a disposición dos medios de comunicación as súas declaracións da renda de 2007, 2008, 2009 e 2010, así como a última declaración patrimonial correspondente a 2007, indicou que os bens partrimoniais dos que dispón neste intre son os mesmos cos que contaba en 2007, especificando que todos proveñen directa ou indirectamente de herdanzas familiares e que boa parte deles atópanse en rexime de proidiviso, o que significa que comparte a súa propiedade con otros familiares.